Saltar

O reto do metro cadrado: dormitorio diminuto para dous

Hoxe en día é posible vivir ao grande nun espazo pequeno. Propuxémonos deseñar un dormitorio para dous o máis compacto posible. E conseguímolo! No primeiro episodio desta serie ensinámosche o útiles que son as solucións portátiles e multifuncionais para gardar cousas e deixar máis espazo no chan.

O reto do metro cadrado: dormitorio diminuto para dous
O reto do metro cadrado: dormitorio diminuto para dous
Sempre intento explotar as posibilidades dun espazo en vez de deixarme condicionar polas súas limitacións. Este caso en particular foi complicado, porque se trataba dun dormitorio alugado e non quería facer demasiados buratos nas paredes».

Therese , deseñadora e solucionadora de problemas

Mira como usamos armarios de cociña METOD para facer unha cama con moita capacidade.

As solucións portátiles van de fábula para os espazos reducidos, como por exemplo esta adaptación dun estante IVAR.

Autores
Deseño de interiores: Therese Ericsson
Deseño dixital: Cecilia Englund
Redacción creativa: Marissa Frayer
Fotografía: Johan Månsson/Sandra Werud
Edición: Linda Harkell