Saltar

O poder do contrachapado

Nos anos 50, o contrachapado era a opción preferida de referentes do deseño como Arne Jacobsen ou Charles e Ray Eames. Agora, tras varias décadas de capa caída, volve con forza. Pero por que tanta cousa? Preguntámoslle a Julián Velázquez-Vidal, responsable de área da categoría de madeiras e fibras de IKEA e apaixonado do contrachapado.

Dúas cadeiras baixas e anchas colocadas en perpendicular feitas de láminas de contrachapado.
Dúas cadeiras baixas e anchas colocadas en perpendicular feitas de láminas de contrachapado.

Comecemos polo principio: que é o contrachapado?

"Hai varias definicións, pero fundamentalmente, trátase de capas de revestimento (cachiños de madeira) aglutinadas. Os tipos de madeira varían. Pode ser piñeiro, bidueiro, álamo… O resultado é unha madeira moi resistente que se pode usar como láminas ou darlle forma".

E que ten iso de especial?

"Por onde empezar…? En xeral, a madeira é un dos materiais máis sustentables que existen e, ao empregar contrachapado, estamos minimizando os residuos. Cómpre o dobre de árbores para facer unha cadeira de madeira maciza que de contrachapado. E ademais, se se fai ben, a de contrachapado é o dobre de resistente".

E que adhesivo empregades?

"En todo o que ten que ver con produtos químicos, IKEA segue sempre as normativas máis estritas do mercado. Ademais, estamos probando adhesivos sen formaldehido, un feito de celulosa e outro de soia".

Que máis se pode dicir bo sobre o contrachapado?

"Moito! É un material moi duradeiro que envellece ben. Pódense atopar cadeiras dos anos 50 en perfecto estado e que dá gusto utilizar. Outra vantaxe son as infinitas posibilidades de deseño. O contrachapado é flexible e adopta a forma que se lle queira dar".

O contrachapado é algo escandinavo ou iso é un tópico?

"En certo sentido, é verdade: o contrachapado é moi escandinavo; polo menos, érao nos anos 50, cando xente como o arquitecto finés Alvar Aalto e o deseñador dinamarqués Arne Jacobsen estaban no máis alto. Pero tamén hai deseñadores de referencia noutras partes do mundo que foron auténticos mestres do contrachapado, como Charles e Ray Eames nos Estados Unidos. Na década dos anos 70, reduciuse considerablemente o uso deste material, pero agora está a ter un importante rexurdimento. Pódese ver en todos os sitios, cousa que a min me encanta".

O contrachapado é un material moi duradeiro que envellece ben. Outra vantaxe son as infinitas posibilidades de deseño. O contrachapado é flexible e adopta a forma que se lle queira dar".

Julián Velázquez-Vidal

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.