Saltar

O espazo para descansar diminuto (1,89 metros cadrados, para ser exactos)

Así que o teu dormitorio non é exactamente un dormitorio? Simplemente porque durmas nun espazo pouco convencional non significa que non poida ser cómodo e moi funcional. Desta forma convertemos un non dormitorio nun lugar perfecto para descansar.

O espazo para descansar diminuto
O espazo para descansar diminuto

O espazo reducido compártese: é metade roupeiro e metade dormitorio. Para que sexa acolledor e privado, é importante potenciar un ambiente que invite a durmir. E cal é o elemento máis importante de calquera dormitorio? Unha cama superconfortable, loxicamente. Para un espazo reducido, elixe unha cunha dobre función. Esta cama dispón de espazosos caixóns integrados.

Nun espazo tan reducido, contar con algo de almacenaxe parece unha quimera. Pero non é o caso. Aproveita ben a parede e engade distintos tipos de estantes e ganchos para exhibir (saca a relucir a túa personalidade) e almacenar as túas cousas. Quizais non teñas unha mesiña de noite, pero un armario de parede cadrado pode facer exactamente a mesma función. Os cubos e caixas clasificados con etiquetas serven para organizar as cousas máis pequenas, mentres que os caixóns baixo a cama son ideais para gardar de todo, dende roupa de cama ata equipamento deportivo, especialmente se engades algúns organizadores de interior.

É un espazo compartido, non hai dúbida. Pero aínda así necesitas a túa privacidade. Colga unha cortina opaca que non deixe pasar a luz para crear unha zona acolledora mentres intentas durmir, pero o teu compañeiro de piso segue esperto.

E que facemos coa roupa? Se compartes o armario grande (ou se nin sequera tes un), garda a roupa que te sobre nos caixóns situados baixo a cama. Os organizadores interiores son moi eficaces e fan marabillas, optimizando cada centímetro de espazo. Engade un espello e tamén unha bolsa estreita para roupa sucia que encaixe entre os pés da cama e a parede. O espello é ideal para vestirse, como é obvio, pero tamén serve para dar ao espazo unha maior sensación de profundidade e amplitude.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou utilizar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

CRÉDITOS
Deseño de interiores: Rita Mestre
Fotografía: Martin Cederblad e Andrea Papini
Texto: Vanessa Algotsson