Saltar

Novas formas de renovar o aspecto do baño

É certo que os espazos pequenos son máis acolledores, mais aínda así deben cumprir coa súa finalidade. Especialmente o baño. Con tantos produtos de aseo, maquillaxe, toallas, papel hixiénico e demais, necesítanse solucións de almacenaxe prácticas que poñan orde e aproveiten ben o espazo. Bótalle unha ollada a estes sinxelos consellos que te axudarán a conseguilo.

Varios cestos pequenos de plástico, fixados á parede con ventosas, serven para poñer accesorios e artigos de aseo.
Varios cestos pequenos de plástico, fixados á parede con ventosas, serven para poñer accesorios e artigos de aseo.
1. Dúas barras para a cortina da ducha son mellor que unha se tes máis cousas que colgar que sitio onde facelo. Cunha barra con ganchos con forma de S terás máis espazo para colgar toallas e a roupa do ximnasio.

2. Aproveita a porta (e o espazo que queda enriba). É estreito e case ninguén lle saca partido, mais é ideal para montar uns andeis con toallas e outros produtos. Ponlle un colgadoiro á porta para colgar a bata e o que ti queiras.

3. O espazo das paredes é moi valioso. Especialmente nun baño diminuto. Estes armarios con pouco fondo levan uns andeis regulables que permiten gardar obxectos de todos os tamaños, como botes de produtos de limpeza. Se queres darlle un toque persoal, pon un andel pequeno cunha planta e algún adorno.

4. Se queres que as túas mañás sexan un paseo, colga organizadores abertos na parede do baño (non é necesario facer buratos). Deste modo encontrarás a maquillaxe e os produtos de aseo nun santiamén, e se pos unha barra debaixo para colgar a roupa de cada día, todo che resultará máis sinxelo.

5. Non malgastes nin un centímetro. Garda os produtos de limpeza en caixas de plástico resistentes á humidade debaixo do lavabo (polo menos mentres non teñas nenos na casa que os poidan coller).

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Therese Ericsson/ Katarina Grundströmer
Fotografía: Sandra Werud
Texto: Vanessa Algotsson