Novas e atrevidas cores de outono
Este outono, crea un ambiente persoal e optimista cunha combinación de cores e materiais sorprendentes e vivos. Realiza pequenos pero atrevidos cambios para renovar o fogar durante os meses máis sombríos que se aveciñan.


Coxíns para conquistar todos os sentidos
A idea de renovar o estilo do teu fogar pode chegar a ser abafante. Por onde empezar? Un bo comezo podería ser renovar as fundas dos coxíns. Créalo ou non, uns coxíns coloridos e atrevidos poden cambiar completamente o aspecto dun cuarto enteiro. E ademais, é un xeito económico de probar as tendencias antes de te lanzares á aventura.
Non tes que cambiar a decoración do teu fogar para darlle un aire novo e fresco".”
Mia Gustafsson, deseñadora de interiores de IKEA
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Mia Gustafsson
Fotografía: Johan Månsson
Texto: Henrik Annemark