Nova peli: "The Human Shelter". Non a perdas.
Nunha colaboración especial, IKEA financiou "The Human Shelter, o último proxecto do documentalista Boris Bertram, gañador de varios premios. Unha expedición para saber que convirte unha casa nun fogar". Actualmente está recorrendo distintos festivais internacionais. Olla o tráiler para saber máis.



Olla o tráiler!
Dividido en sete "capítulos", o filme vai visitando distintas casas de todo o mundo. Comeza con persoas sami que se dedican á cría de renos en Noruega e remata nunha afastada casa de Islandia. Polo medio visita Nova York, un campo de refuxiados en Iraq, un centro da Nasa en Hawai, unha casa nunha árbore en Uganda, minúsculos apartamentos en Toquio e uns barracóns nun lago de Nixeria.
Coñece a Boris Benjamin Bertram
Boris B Bertram é un documentalista interesado na resolución de conflitos e as causas humanitarias. "Ao longo da miña carreira gravei xente escapando da guerra e de desastres naturais, persoas desprazadas sen fogar", di. "O primeiro concepto que temos dunha casa é 'refuxio'". Un lugar onde nos sentimos seguros. Así naceu a idea de facer este filme".
Refuxiarse do conflito
O documental amosa como viven as persoas en situacións adversas, explorando as ideas do refuxio, fogar e pertenza. Nun campo de refuxiados en Arbat (Iraq), unha rapaza recita o seu poema. "Benvidos ao meu fogar, a tenda de todos e miña", di. "Axudádeme a chegar á miña comunidade".
Un retrato de vidas nómades
O filme tamén explora a idea de fogar alén dun lugar físico. Na paisaxe nevada de Kautokeino (Noruega), os criadores nómades de renos describen a natureza transitoria dos seus fogares. "Temos varias casas", di un. "Inverno, primavera, verán e outono. Catro lugares distintos aos que me desprazo e onde me asento".
A vida en ambientes extremos
As contornas naturais máis adversas poden converterse nun fogar. No centro da NASA de Hawai, un grupo de persoas vive en illamento durante oito meses nun volcán, simulando unha misión en Marte. "Co tempo, acaba sendo un lugar moi cómodo e familiar", di un dos membros do equipo cando por fin saen da cápsula.
Distintas perspectivas urbanas
A vida na cidade examinada desde distintos ángulos. En Toquio, unha muller converteu o seu minúsculo apartamento nun laboratorio de fotografía. "Vivo aquí soa, nun espazo escuro coas miñas fotos", di. "Claro que hai veces que me sinto soa. Pero cando estou traballando esquézome de todo iso. Para min é moi importante vivir na axitada e ruidosa Toquio".
A vida na auga
O filme fala de distintos modos de vida. Nunha vila flotante de Lagos, Nixeria, os veciños falan do día a día. "Durmir na auga non é distinto a durmir en calquera outro sitio", di un home. "Ten as súas cousas boas e malas. A nosa tradición fainos permanecer preto dos nosos achegados. Iso é o que máis me gusta de vivir aquí; estar en contacto con eles".