Non lle deas máis voltas!
Cando a festa empeza en media hora e ti aínda non te duchaches, é probable que envolver agasallos non sexa unha das túas prioridades. Pero se paras un segundo, respiras fondo e botas unha ollada nos caixóns, talvez teñas todo o que precisas.


Sae do paso cunha bolsa bonita
Vale, seica moitos non temos bolsas de regalo sempre á man, pero se as tes, estás de sorte. Son unha solución rápida e práctica para calquera cousa pequena dabondo como para caber nelas. Emprega etiquetas de papel e decoracións de Nadal para que o teu agasallo sexa aínda máis especial.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.