7 mobles e produtos sostibles de IKEA
Ultimamente estiveches a pensar máis no medio ambiente e en como podes axudar ao planeta? Adiantámosche que hai moitas cousas que podes facer sen saír da túa casa. É que levar unha vida máis sostible non é un concepto que só atinxe as grandes accións para salvagardar a flora e a fauna do noso ecosistema.
Hai pequenas formas e xestos que poden contribuír a coidar da nosa contorna e a nosa saúde, abonda con tomar boas decisións á hora de mercar cousas para o noso fogar. Neste artigo atoparás algúns produtos que deseñamos e adaptamos especialmente para mirar polo ben do planeta. Tomar decisións máis sostibles nunca foi tan sinxelo!
IVAR con portas de bambú
Converte os teus estantes dos nosos clásicos IVAR nun armario pechado e faille un favor ao planeta ao mesmo tempo. Como seguro adiviñaches, estas portas deseñadas especialmente para IVAR están feitas de bambú, que en realidade é un tipo de céspede que medra moito máis rápido que o céspede común. De feito, tan rápido que chamalo "recurso renovable" é case un eufemismo.
Ademais, este material é moi resistente e duradeiro, un aspecto a ter en conta cando mercas mobles, se querer aforrar cartos e ser sostible.
Sabías que levamos 50 anos facendo estes estantes? Sempre foi un dos estantes modulares máis mercados pola súa calidade e versatilidade á hora de personalizalo ao gusto de cada fogar. Agora, ademais de usar madeira renovable para a súa fabricación, quixemos dar un paso máis e actualizala con estas portas de bambú máis respectuosas co medio ambiente, se é posible.
Un sofá de materiais reciclados
VINLIDEN é o noso novo sofá cun respaldo alto, asentos grandes e unhas fundas moi especiais: suaves e sostibles. A funda de sofá HAKEBO non só fará que quedes no sofá máis tempo, senón que tamén te axudará a sentirte mellor contigo mesmo. Por que? Pois porque está feita de poliéster 100 % reciclado, un dos moitos produtos que temos en IKEA para dar unha segunda vida aos residuos que xera a nosa sociedade.
Unha lámpada de poliéster 100 % reciclado
A lámpada VINDKAST tamén está feita de poliéster 100 % reciclado. Pode non soar moi acolledor, pero é un material moi confortable. Unha lámpada perfecta para un dormitorio ou un comedor, ou en calquera lugar onde queiras pór un toque sofisticado ao cuarto. Sen dúbida, un accesorio de deseño para engadir personalidade e suavidade ao espazo.
Un armario só de bambú
Fálase moito de recursos renovables nestes días, pero sabes cales son as madeiras máis sostibles? Neste coñecemento, precisamente, baséanse as boas eleccións á hora de mercar os teus mobles. E o bambú é unha desas madeiras realmente sostibles porque é unha planta que medra rápido e non precisa praguicidas e químicos para o seu desenvolvemento. Non só iso, senón que é lixeiro, moi forte e o seu aspecto é natural e sinxelo. Por iso elixímolo para realizar o armario NORDISKA.
Unha cama que medra con eles
Os nenos crecen, o cal é bo, pero seica o teu peto non opina o mesmo. Antes tiñamos que mercar unha cama cada pouco tempo para adaptar o seu dormitorio ao seu crecemento. Pero xa non fai falta grazas á cama infantil SUNDVIK!
Esta cama infantil é extensible, o que significa que quedará cos teus pequenos a medida que medren e tamén lle dará un descansiño á túa carteira. E por que dicimos que esta opción é sostible, pois porque evitarás ter que mercar outro moble co que, a pequena escala, evitarás talar unha árbore e usar máis químicos para pintura e verniz.
Unha bolsa de plástico máis sostible?
As BOLSAS ISTAD non son bolsas normais. Están feitas un 85 % de material renovable, na súa maior parte de cana de azucre. Ademais, estas bolsas tamén son reutilizables e podes usalas para gardar os teus alimentos nun conxelador. Utilizando este tipo de materiais máis sostibles conseguimos aforrar arredor de 75 000 barrís de petróleo ao ano, polo que reducimos en gran medida a nosa pegada de carbono.
A alimentación sostible tamén suma
Unhas albóndegas sostibles e deliciosas son posibles? Pois entre os nosos produtos de alimentación da tenda sueca e nos restaurantes das nosas tendas xa podes conseguir as nosas albóndegas de proteína vexetal, HUVUDROLL. Teñen a aparencia e o sabor dunhas albóndegas clásicas, como as de toda a vida, pero elaboralas só hai un 4 % de pegada climática.
Queres máis consellos? Pois témolos! Non perdas o seguinte artigo con máis ideas para unha casa realmente sostible e outra idea para reutilizar cousas que teñas por casa e darlles unha segunda vida.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.