Saltar

Merenda na casa con amigos: ideas sinxelas e diferentes

Tes unha merenda na casa con amigos e non sabes que preparar? Andas a buscar ideas de merendas doces sinxelas e diferentes? Non te preocupes porque aquí temos todo o que precisas: como facer un bo café ou un té, ideas de sobremesas para acompañar estas bebidas consellos para servir o café na mesa con estilo, como se estiveses na mellor cafetaría do mundo. Seguro que os teus convidados repiten! 

Como facer un bo café 

 

Para facer un bo café, como o que che serven no teu bar favorito, é tan importante contar cun produto de calidade como cunha boa cafeteira francesa ou italiana. Mesmo se as cafeteiras de cápsulas están de moda, parece que o café sabe doutro xeito nunha cafeteira de filtro ou émbolo. Segundo os expertos, o café resultante é máis intenso e concentrado. Ademais, este tipo de cafeteiras, especialmente a francesa, é moi sinxela de usar e limpar, e as de aceiro inoxidable duraranche toda a vida.

Por outra banda, como xa comentamos, o produto será o que marque a diferenza á hora de facer un bo café. Ás veces chegamos ao supermercado e collemos o primeiro paquete de café que vemos, pero a verdade é que deberías fixarte un pouco máis nas súas características para gozares dun mellor sabor e para ofrecerlles unha experiencia única aos teus convidados.

Seguramente oíras falar do café arábica, robusta, torrefacto, mestura, en gran, moído... Ben, non imos volvernos expertos cafeteiros dun día para outro e, ademais, o café que elixas dependerá dos teus gustos, pero si podemos recomendarche que optes mellor por un en gran. O café en gran conserva mellor o seu sabor e aroma. No referente á elección da variedade, nós escolleriamos un 100% arábica porque ten menos cafeína e é máis equilibrado, con menos acedume cá variedade robusta.

Se andas a buscar un café afroitado que poida gustar aos teus convidados, temos un con notas de chocolate negro e froitos secos que seguro que vos encanta: PÅTÅR, un dos cafés de produción ecolóxica e con certificación UTZ que podes atopar na nosa tenda de alimentación sueca. Non só estarás a saborear un café 100% arábica, ademais, a súa elaboración realízase baixo prácticas sostibles que son mellores para as persoas e o planeta. 

Hora do té!  

 

Cando tes convidados para merendar ou tomar un café, debes pensar que non a todo o mundo lle gusta esta bebida. Por iso, deberías ter algunhas alternativas na casa que sempre funcionan, como son as infusións e os tés. Un té verde, unha infusión de poexo, macela ou té vermello son os máis comúns e cos que sempre poderás saír do paso. Se queres ofrecer algo máis sofisticado ou diferente, aconsellámoste que teñas unha gama de tés algo máis ampla: té branco, té negro, rooibos, chai negro, froitos vermellos, menta...

Na nosa tenda sueca atoparás unha gran variedade de tés ecolóxicos e con certificado UTZ, que garante que as materias primas se obtiveron con prácticas de agricultura sostible e baixo boas condicións de traballo para os colectores e produtores. Temos opcións en formato bolsiñas e ao natural, para que poidas facer infusións na casa nunha teteira ou con un filtro individual para infusións.

Lembra que moita xente toma o té con leite! Para que non te colla desprevido, non está de máis servir co té unha xerra de leite quente. Queres sorprender por completo os teus convidados? Ten á man un pouco de mel para que a ninguén lle falte de nada. 

Doces para acompañar o café

 

En realidade, sabes que calquera bocadiño doce vai ben co café ou co té, pero se quixermos ser anfitrións e anfitrioas de dez, debemos ofrecer aos nosos convidados algo fóra do habitual. Para iso, sempre podes facer unha torta ou un biscoito caseiro, os teus amigos e familiares agradecerán o detalle e mailo esforzo. Algunhas das sobremesas que nunca fallan e que adoitan gustar á maioría son as tortas de mazá, os brownies, as galletas de manteiga ou as clásicas filloas.

Porén, se a cociña non for o teu e non tiveres tempo para cociñar, na sección de alimentación sueca das nosas tendas sempre atoparás opcións doces diferentes e larpeiras. Ademais, moitas das nosas sobremesas están conxeladas, polo que podes ter unha reserva no teu conxelador para cando tiveres algunha visita inesperada. Por exemplo, temos torta de mazá, torta de améndoa, torta de chocolate fundido, gofres, filloas e boliños de canela. Ao chegar a casa só terás que deixar desconxelar unha media hora e decorar ao gusto con froitos vermellos, nata, salsa de vainilla ou salsa de chocolate! 

Como servir o café na mesa

 

Queres presentar a mesa para tomar o café cos teus convidados de xeito formal e elegante ou informal e improvisado? Cando os convidados se presentan de xeito inesperado ou se só ides tomar un café rápido, o mellor é un café con pastas. Poder pór no centro da mesa un froiteiro ou unha bandexa de servir en altura, con diferentes doces: galletas de avea ou bolos de canela ou galletas recheas de chocolate. Podes usar as túas cuncas do día a día, pero dá un toque orixinal á mesa con algún pousavasos e panos de mesa diferentes.

Para merendas organizadas nas que ademais vas servir unha sobremesa con culler, podes coidar moito máis os detalles e exhibir a túa louza e os teus xogos de café máis bonitos e especiais. Nós somos moi de colocar xogos diferentes para dar un toque de cor e ledicia a cada mesa: branco e azul ou branco e rosa.

Estas ocasións son tamén o mellor momento para sacar ese xogo de café herdado da familia que apenas sacas do armario. Goza del e lúceo con orgullo! Sabías que volve a estar de moda a louza con toques florais? É perfecta para dar un toque sofisticado e festivo á xuntanza.

Outro detalle que porá o broche final á mesa será o mantel. Podes optar por manteis individuais diferentes ou por tons naturais que tanto se levan.   

Esperamos que este artigo fose de axuda! Se quixeres facer as túas propias sobremesas caseiras para convidados ou ter máis ideas para outras ocasións, aquí dámosche algunhas:  

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.