Saltar

Consellos de mantemento para mobles de exterior

Tes dúbidas sobre como manter e protexer os teus mobles de terraza, xardín ou balcón? No seguinte artigo damos algunhas claves para coidalos e para que, ano tras ano, sigas a gozar deles como o primeiro día. Ademais, explicamos cales son os mellores materiais para mobles de exterior, se é que tes pensado mercar algún.  
Veña, que xa vai sendo hora de empezar! 

Mobles de exterior de fácil coidado 

O aluminio, o plástico, o ratán plástico e o aceiro son materiais para mobles de exterior que non requiren un gran mantemento e resultan ser bastante resistentes. Precisamente, é moi habitual que se empreguen en mobles como armarios e estantes de exterior. En xeral, diriamos que estes mobles son os máis cómodos e prácticos no tocante ao mantemento. Verás que sinxelo é!

Para facer que duren tempada tras tempada, só debes manter as pezas limpas. Abonda cun pouco de auga e xabón. Sécaas ben e, cando chegue o cambio de estación, gárdaas nun lugar fresco e seco, (como un garaxe, unha cocheira ou no soto), especialmente se as pezas foren de plástico e ratán de plástico, xa que poden romper se estiveren sometidas a temperaturas moi baixas. 

Materiais que requiren máis mantemento 

A acacia, o eucalipto e outras madeiras sólidas polo xeral requiren un pouco máis de mantemento de vez en cando. E aínda que o seu coidado non sexa tan sinxelo como os do apartado anterior, os mobles de exterior feitos con estes materiais tampouco son moi complicados de manter, e gañan polo seu acabado e a súa aparencia. Quedan xeniais en calquera terraza ou balcón!  
 
Para limpar estes mobles, tamén podemos empregar un pouco de auga e xabón suave. Ah! É igual de importante gardalos (en caso de ser posible) ou cubrilos cuns protectores ou cunhas fundas para mobles. 

E aínda que a maioría dos mobles de exterior de madeira xa están tratados previamente cun verniz, recomendamos que se lles volva dar unha capa de vez en cando para evitar gretas e alongar a súa vida útil. Non esquezas limpalo ben antes de facelo e deixalo secar unhas 24 horas! 
 
Pero cada canto tempo hai que facelo? Pois dependerá de onde teñas colocados os mobles, o expostos que estean ao sol e o uso que lles deas. Por exemplo, os mobles ao aire libre deben volver vernizarse ou tinguirse cando non repelen ben as gotas de chuvia e, no canto diso, as absorben. Se a superficie dos mobles pintados comeza a estragarse ou se desgasta, tamén é un bo momento para lixalos e volvelos pintar. 

Como protexer os parasoles

Os parasoles son outro moble de exterior que necesita duns coidados mínimos para non estragarse. O primeiro e máis importante dos consellos, por obvio que pareza, é dobrar o parasol sempre que non se estea a utilizar. Iso evitará o seu desgaste.  
 
Ademais, os parasoles xeralmente necesitan unha limpeza a fondo unha vez ao ano. Para iso, o mellor é seguires as indicacións de lavado que se especifican na etiqueta de cada un. Se quixeres protexelo aínda máis contra a sucidade, o po e a chuvia, recomendámosche utilizar unha cuberta para resgardalo durante o resto do ano ou os días nos que non o empregues (se for nun lugar fresco e seco no interior, mellor aínda). E non o pregues nin o gardes se estiver húmido!

Mantemento de pérgolas 

Nas brochas de pintura) para evitar que se formen gretas. Se ese non for o teu caso e, por exemplo, tiveres os marcos de aceiro, abondará cun trapo mollado ou unha esponxa e un pouco de xabón.  
 
Antes de gardala, limpa a tea e deixa que seque completamente. Gárdaa nun lugar fresco e seco. E non penses que aquí non podes usar protectores. Existen fundas que se poden adaptar perfectamente e gardar o teito da glorieta e as cortinas, se tiver.  

Coidado de coxíns e almofadas 

Tes uns coxíns ou unhas almofadas especiais para o exterior? Pois tamén debes darlles o coidado que merecen! Para alongar a vida destes téxtiles para exteriores, deberás limpalos regularmente. Cando non os empregues, podes gardalos nun armario de exterior para protexelos da humidade e da calor, engadindo ademais unha funda de protección, ou ben no interior da túa casa, se o así o prefires. Como sempre, mellor nun lugar fresco e seco.  
 
Recomendamos que, a pesar destas medidas de mantemento, sempre lles deas un lavado (aínda que sexa nun programa curto) antes de volver colocalos para eliminar o olor a pechado dos meses que os tiveches ocultos.  

Pareceuche interesante este artigo? Goza de máis consellos sobre como aproveitar as zonas de exterior da túa casa. Non perdas estas ideas! 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.