Saltar

Descubre os principais beneficios da xardinería

Ademais de ser unha actividade moi agradable e entretida, a ciencia suxire que pode afectar de xeito positivo os que a practican. Contámosche cales son os principais beneficios da xardinería; cando os coñezas, quererás poñerte mans á obra!  

1. Fortalece o sistema inmunolóxico  

 

Segundo estudos da SLUa Universidade de Ciencias Agrícolas de Suecia, situada en Alnarp, o contacto físico con plantas pode ter efectos beneficiosos, mesmo curativos. Ese impacto positivo no sistema inmunolóxico é maior cando a xardinería se practica ao aire libre. Isto é así porque cando recibimos a luz do sol, aumentan os niveis de vitamina D, que intervén en diferentes procesos do sistema inmunolóxico e axuda a absorber o calcio, entre outras funcións.  

Por suposto, para que a devandita exposición non supoña ningún risco, é importante evitar as horas centrais do día (12-16 h) e protexerse con crema solar e sombreiros durante a práctica. 

2. Reduce o estrés

 

Aínda que o estrés ten unha función positiva de supervivencia, pois nos axuda a reaccionar ante as adversidades, se se sofre de xeito moi frecuente, pode ser moi prexudicial para a saúde e afectar o desenvolvemento da vida normal da persoa. Por iso, buscar xeitos de reducir o estrés é prioritario cando esta situación se alonga no tempo.  

É o teu caso? Temos boas novas! Segundo un estudo publicado no Journal of Health Psychologypasar media hora ao día realizando tarefas de xardinería ou de cultivo reduce os niveis de cortisol, a hormona encargada de regular o estrés.  

3. Axuda a manterse en forma 

 

A xardinería e o coidado de cultivos é unha actividade que implica movemento físico aeróbico. Aínda que é certo que depende de cada tarefa, hai algunhas que poden chegar a ser realmente vigorosas. De feito, uns 45 minutos dedicados a esta actividade equivalen a unha media hora facendo exerciciopolo que, se se practica diariamente ou varias veces por semana, é ideal para manterse en forma.

Así que, se queres aumentar o gasto calórico e tes interese pola xardinería, non o dubides máis e empeza a plantar. Á parte do exercicio cardiovascular, tamén se traballa a coordinación cando se realizan tarefas minuciosas como plantar sementes e a forza ao repetir determinados movementos. Supercompleto! 

4. Promove unha alimentación máis saudable 

 

Estar en contacto co mundo vexetal e contar cunha pequena horta ou árbores froiteiras pode ser moi beneficioso para a alimentación. Por unha banda, coidar deles farache valorar moito máis este tipo de alimentos e aumentar o seu consumo, o que ten un impacto directo na saúde. Por outra banda, fará que a túa alimentación sexa máis sostible, xa que unha parte dela provirá do cultivo propio.  

5. Aumenta a autoestima

 

Contar cun proxecto propio, como coidar do xardín e observar día a día o froito do noso traballo (nunca mellor dito), aumenta la satisfacción e a autoestima. Cun pouco de dedicación e constancia, o teu xardín ou horta converteranse nun lugar precioso polo que sentirás un grande orgullo. Próbao!    

6. Mellora o estado de ánimo

 

Ademais de aumentar a autoestima, a xardinería tamén pode axudarche a ser moito máis optimista e positivo ante as diferentes circunstancias da vida. Así o demostraron varios estudos, nos que se comprobou que as persoas con depresión que dedican varias horas semanais a esta actividade melloran moito en comparación coas que non. De feito, existen terapias hortícolas cuxo obxectivo é mellorar a saúde mental.  

7. Traballa a memoria 

 

O feito de que a xardinería reduza os niveis de cortisol non só axuda co estrés, senón que favorece a capacidade de concentración e aprendizaxe. Todo isto tradúcese en beneficios para a memoria. 

Ademais, á parte de facilitar a redución do cortisol, a propia actividade en si supón a posta en marcha de diferentes procesos moi positivos para manter activo o cerebro. Polo tanto, é unha actividade moi completa para exercitar a memoria 

8. Favorece o descanso

 

Outra das consecuencias de reducir os niveis de estrés e aumentar a actividade física é que o descanso nocturno pode verse moi beneficiado. Por unha banda, porque a actividade xera unha sensación reconfortante ao final do día e, por outra, porque estaremos máis cansos fisicamente e será máis fácil conciliar o sono. 

Que che parecen todos estes beneficios? Seguro que xa estás desexando empezar a practicala para ver os efectos na túa vida. Se é así, aquí che deixamos un par de artigos máis que poden interesarche, para ampliares coñecementos antes de poñerte mans á obra. 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.