3 looks diferentes para renovar por moi pouco a decoración do teu dormitorio
Sentirnos a gusto no noso dormitorio é fundamental para un bo descanso. E esta sensación de "non querer saír da cama" e que esta zona da casa sexa unha das nosas favoritas dependen de moitos factores.
Iso si, renovar a decoración do dormitorio non ten por que ser complexo, nin sequera caro. Hai opcións dabondo para cambiar radicalmente a imaxe do noso lugar de descanso: sobre todo, a través dos téxtiles e a pequena decoración.
Imos ver 3 opcións de looks económicos para o teu dormitorio . Agardamos que che sirvan de inspiración agora que chega a primavera. Hai para todos os gustos… cal vas elixir?
Look 1: Dormitorio floral para recibir a primavera
Se che gustan as cores rechamantes, as plantas e os estampados, esta pode ser unha moi boa opción para renovar o teu dormitorio! A funda nórdica KLIBBGLIM está inspirada nos quimonos xaponeses e transmite unha marabillosa sensación de primavera, de rexeneración. Enche de vida ata o dormitorio máis escuro!
Ademais é preciosa e fantástica para coidar do medio. O certo é que está feita con 100 % algodón procedente de fontes sostibles, é dicir, que se recicla ou cultiva cun menor consumo de auga, de pesticidas e fertilizantes, o que aumenta a marxe de beneficio dos agricultores.
Combinámola con coxíns noutros tons de rosa e branco, mesmo cunha colcha azul que permite ese contraste de cores complementarias que fará resaltar a túa cama.
Engadimos, por suposto, plantas naturais e artificiais para rematar de arredondar este primeiro look de dormitorio, alén de mobles feitos con materiais naturais.
A primavera arrasou por aquí, verdade?
Look 2: Sobriedade, elegancia e un chisco de diversión
Se es máis de cores básicas e non saes do branco, negro, beixe e gris… pode que este look ou unha combinación entre ambas propostas encaixe á perfección! Se che apetece renovar o dormitorio dunha forma rápida e supereconómica (e divertida á vez), esta funda nórdica con ducias de corazóns en branco e negro pode ser a túa mellor opción. Non si? E aínda por riba podes atopala desde 15 euros.
Se a escolles, atrévete a darlle un toque de cor a través doutras fundas de coxíns de tonalidades rechamantes, como pode ser o amarelo, o rosa ou o laranxa. Iso si, sempre en acabados lisos, cun só estampado chega!
Outra opción é escoller unha funda lisa en gris como a que che propoñemos ao final, combinándoa con coxíns en varias cores e mesmo coas fundas de coxín de corazóns estampados.
Para arredondar este segundo look de dormitorio en cores máis sobrias, non dubides en facelo máis acolledor a través de esponxosas alfombras, mantas aos pés da cama ou pequenos toques decorativos que transmitan esa sensación de fogar que todos buscamos, deixando atrás a "friaxe" que poden chegar a transmitir estas tonalidades se non as contrarrestamos dalgunha forma.
Look 3: Cores pasteis con estilo mediterráneo
O noso terceiro e último look fainos lembrar os días de primavera e verán na costa mediterránea. Os tons pasteis como o azul trasládannos a ese momento, á frescura das súas mañás e ao sol resplandecente. É, sen dúbida, un dos nosos looks de dormitorio favoritos!
Para conseguilo, utilizamos unha fermosa funda nórdica cun estampado de abanicos xaponeses (fixácheste?). Ademais, combinámola cun coxín do mesmo estampado para un dos recunchos do dormitorio, ao carón da fiestra, que nos invita a unha total relaxación namentres gozamos dos raios de sol que entran pola xanela.
Por outra banda, non dubidamos en apostar por engadir mobles e decoración en materiais naturais, como a fibra de xute desta cesta. Sabías que é compatible co noso famoso estante KALLAX? É ideal aínda colocándoa debaixo de calquera espazo, por exemplo, como cobertura para testos.
Non esquezas que as cores pasteis, independentemente de se falamos do azul, amarelo, rosa, etc., sempre van ben coa madeira natural nun acabado claro. Se renovas o look do teu dormitorio seguindo esta premisa, terás un espazo de paz e harmonía do que xamais quererás saír.
E xa! Cal foi a túa opción favorita? Se che gustou e queres máis ideas para o teu dormitorio, non dubides en botar unha ollada a esta selección especial de ideas.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter presente que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.