Ideas creativas para decorar todas as estancias da túa casa
Se quixeres mudar o aspecto do teu fogar sen ter que facer reformas, podes recorrer ás exposicións nalgúns cuartos. Aquí dámosche varias ideas creativas para decorar a túa casa, desde unha parede inspiradora no escritorio ata grilandas feitas de flores e plantas no comedor.
Inspiración no escritorio
Aínda que non o creas, o teu escritorio pode deixar de ser eslamiado para converterse nun lugar onde se respire a inspiración. Como? Colocando elementos que te motiven a seguir traballando e que sexan estéticos na parede do teu escritorio.
Unha idea moi sinxela é pendurar portapapeis para utilizar como paneis de tendencias e ir actualizándoos con diferentes imaxes ou textos que che gusten. Tamén podes pór un par de pequenos estantes para cadros nos que colocar as túas ideas a carón dalgún obxecto decorativo ou especial que quixeres ter á vista mentres estudas ou traballas.
Se queres ter máis espazo podes apostar por solucións como o taboleiro perforado SKÅDIS, que che permitirá colgar máis cousas facilmente. Ademais, ao ser branco, o efecto visual dos obxectos que poñas será moito máis rechamante.
Liberdade creativa no dormitorio
As paredes do teu dormitorio poden converterse no lugar perfecto para deixar voar a túa creatividade. Un lenzo en branco no que expresarte como quixeres e pendurar os elementos que che apeteza.
Se fores un amante da moda, por exemplo, podes colgar en ganchos a roupa e os accesorios que penses poñer ao día seguinte como se dunha obra de arte se tratase. Podes conseguir combinacións realmente atractivas xogando coas tonalidades e outros elementos do espazo. É o teu dormitorio, o lugar máis teu da casa, así que non te limites e crea a exposición que máis che guste.
Se tiveres unha cómoda na túa habitación, tamén podes aproveitar a superficie para expor unha colección de obxectos rechamante, como esta de floreiros con deseños diferentes, pero nunha mesma cor.
Como se trata dunha exposición bastante cargada de elementos, é importante teres en conta a tonalidade da parede de fondo, da cómoda e do resto de obxectos para conseguir un resultado equilibrado.
Sensación de fogar na cociña
Os estantes da cociña teñen que ofrecer un espazo funcional, pero tamén poden ser un elemento estético que contribúa a crear un ambiente moito máis fermoso e acolledor.
Para conseguilo, propómosche que expoñas nun deles a túa tarros de cristal con especias de cores, floreiros con algunha planta, táboas ou bandexas que che gusten. Tamén podes pendurar panos de cociña do teu gusto por baixo.
O ideal é colocares todo de tal xeito que poidas acceder facilmente e que che resulte práctico, á vez que atractivo a nivel visual.
Fiestras cheas de vida
Achégate á natureza creando exposicións naturais nas ventás. Só precisarás colocar algunhas das túas plantas favoritas en testos colgantes como os nosos DRUVFLÄDER. Ademais, para que estea máis completo e o efecto sexa máis rechamante, tamén podes colocar varias plantas sobre o peitoril.
A clave desta exposición é que escolleres testos cuxo deseño combine coa fiestra e a parede. Na nosa proposta, ao tratarse dunha ventá branca de estilo rústico, os testos escollidos son dunha gama neutra, que vai desde o branco ata o marrón. Á marxe desta idea, o mellor é que escollas os testos e montes a combinación en función das características do espazo onde vaias colocar o teu xardín colgante.
Bótalle imaxinación e crea o teu pequeno verxel na fiestra, que non só che alegrará a vista a ti, tamén aos veciños.
Os teus mellores recordos á vista no salón
Tés moitas fotos e sempre deixas para máis adiante a tarefa de enmarcalas? Reserva unha parede do salón para elas. Podes colalas sen marco ou con el, ti escolles. Sexa como for, reserva unha parede sen máis elementos, así poderás crear unha combinación máis estética. Se, ademais, o ton do fondo é neutro, moito mellor, porque así destacarán máis as fotografías.
Non agardes máis e faille un oco á vista para lembrar os marabillosos momentos que viviches a carón dos teus seres queridos. Seguro que cando teñas visita todos quererán botar unha ollada a este recuncho tan especial do teu fogar.
Se precisas máis consellos antes de empezar, neste vídeo dámosche todas as chaves para crear con éxito a túa exposición fotográfica persoal.

Ambiente festivo no comedor
As paredes do teu comedor son aburridas? Esta zona da casa é un dos lugares nos que máis tempo pasamos en familia e no que celebramos moitos momentos, así que a nosa proposta é faceres unha especie de grilanda con flores.
Só precisarás escoller as túas flores ou plantas preferidas e colgalas nun anaco de cordel con pinzas pequenas. Como quitalas e poñelas é moi sinxelo, poderás crear diferentes combinacións en función da presentación da mesa ou da celebración.
Por suposto, podes empregar este cordel para colgar outras cousas que non sexan flores, como elementos decorativos para unha festa de aniversario ou fotografías. A idea é que vaias cambiando esta pequena exposición ao teu gusto.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.