Saltar

5 xogos de verán para entreter os teus fillos durante as vacacións

Os teus peques están cheos de enerxía e quedaches sen ideas para telos entretidos? Propoñémosche varios xogos de verán para nenos cos que o pasarán xenial e gozarán ó máximo das súas vacacións. Toma nota! 

A combinación de vacacións e nenos é, inevitablemente, sinónimo de xogar acotío. É a súa forma de divertirse, experimentar e aprender. Non obstante, pode que chegue un momento no que, a pesar de ter moitos xoguetes, se aburran porque non saben que facer. Para evitar que iso pase, suxerímosche algúns xogos de verán que podes adaptar tanto ós gustos dos teus peques como ao espazo do que dispoñades durante as vacacións. Imos aló!  

1. Xincana personalizada 

Organizar unha xincana é unha opción moi entretida e ideal para as vacacións de verán, pois dispoñedes do tempo necesario e pódese facer tanto en interior como en exterior, segundo o espazo que teñades e a calor que faga.  
Para iso, teredes que facer varias probas e establecer un premio para o gañador ou a gañadora. Pode ser individual ou por grupos, en función do número de nenos que vaian participar.

A nosa proposta é que a personalicedes segundo os gustos dos vosos peques, así se divertirán aínda máis. Tamén é importante ficar de ollo o espazo. Por exemplo, se for ao aire libre podedes empregar elementos como a agua, que vos virán ben para refrescarvos, e se é en interior podedes usar o mobiliario ao voso favor para determinadas probas. Para evitar calquera risco, recomendámosche utilizar xoguetes brandiños, en formato peluche.  
 
Queres algunha idea? Unha diana de dardos infantil como LUSTIGT, poñer unha colchoneta como PLUFSIG para facer viravoltas, agochar pistas nos caixóns, un xogo de bólas con chaleco, ou mesmo un túnel infantil polo que teñan que pasar. Hai moitas opcións! Se lle botas imaxinación, seguro que o pasarán en grande.  

2. Carreira de vasos de auga 

Trátase dun xogo moi sinxelo para o que só precisaredes un espazo ao aire libre, como a terraza ou o xardín, varios vasos e auga. Para non correr riscos innecesarios, o mellor é que escollades vasos de plástico como os KALAS. Son de cores alegres e están libres de tóxicos. Ademais, como son reutilizables e non hai risco de que rompan, tamén son sostibles. 
 
O obxectivo do xogo? Ir dun lado a outro o máis rápido posible e sen derramar a auga. Mesmo podedes pintar o recorrido exacto cunhas xices de cores.  
 
Se facedes varias rondas, podedes poñer un caldeiro ao final do recorrido (ou calquera outro recipiente) por participante, para contabilizar a cantidade de auga que chega a salvo tras a carreira. O que menos auga derrame, gaña! Despois, para non desaproveitala, podedes usala para regar as plantas ou para a limpeza do chan.   

3. Pícnic para os seus bonecos favoritos no xardín 

Nas horas nas que faga menos calor, unha boa idea pode ser organizar un pícnic no patio cos seus peluches ou bonecos favoritos. Montade todo un festín con mesas e cadeiras tamaño mini! Se o preferides, no canto de poñer unha mesa e un mantel, podedes usar unha colchoneta e colocar todo o necesario para os invitados gozaren dun agradable pícnic ao aire libre: vasos de xoguete, pratos, froitas, pasteis… 
 
Un truco para non desordenar demasiado? Dille aos teus fillos que saquen un carriño ou unha caixa con todos os xoguetes que vaian usar; así, ao volver a entrar, só terán que gardalos e recoller será moito máis sinxelo. Os teus peques tamén poderán aproveitar ese momento para gozar do seu propio aperitivo ao aire libre.  

4. Pintura ao grande 

Pintar é un entretemento ideal para calquera época do ano. No caso do verán, o mellor é aproveitar as horas de máis calor nas que non se pode saír á rúa ou aqueles momentos nos que non podemos ir á piscina ou á praia. Desa forma, os peques estarán entretidos.  
 
A nosa idea para esta ocasión? Facelo ao grande sobre un papel amplo en branco como MÅLA ou que xa teña debuxos para que os coloreen, como LUSTIGT. Podes colocalo sobre unha mesa alongada ou sobre o chan, segundo vos apeteza. Cando teñas iso listo, chegará o momento de elixir as pinturas e outros materiais necesarios para os teus peques sacaren o artista que levan dentro.  

Outra opción que che propoñemos é que os teus fillos pinten caretas en branco con témperas e outras pinturas de cores. Como fai calor, estas secarán axiña e cando rematen de pintar o xogo continuará, xa que poderán poñelas e inventar historias e unha infinidade de xogos con elas.  
 
Iso si, para evitar manchas non desexadas, o noso consello é que prepares unha zona de traballo sobre papel de xornais vellos que teñas pola casa e xa non utilices. Respecto á roupa, tamén pode ser boa idea vestilos con pezas antigas que se poidan manchar. Gozarán moito máis!  

5. Teatro nocturno con peluches e monicreques 

Ao caer a tarde, podedes organizar unha actividade que represente o cine de verán, pero adaptada para os peques desenvolveren ao máximo a súa imaxinación lonxe das pantallas: un teatro con peluches e monicreques. Podedes facelo dentro ou fóra da casa, a clave será que a iluminación xire arredor do escenario dos bonecos. Utilizade grilandas ou algunha lámpada cun deseño rechamante. En IKEA temos unha gama de lámpadas infantís que son eficientes a nivel enerxético. Bótalle unha ollada! 

Á parte da iluminación, tamén precisaredes un escenario que pode ser un tallo con chanzo como TROGEN e, por suposto, varios peluches ou monicreques, como os nosos TITTA DJUR. Polo demais, trátase de que os nenos dean renda solta á súa creatividade e inventen historias cos seus peluches para o resto da familia.  

Por suposto, ao terminar a obra de teatro, é importante que todo quede recollido para que ao día seguinte nada vos impida afrontar o día de forma tranquila grazas a un espazo ordenado. Velaquí tes un vídeo para que o fagades nun chiscar de ollos. Xa sabes, non deixes para mañá o que poidas facer hoxe.

Precisas máis ideas de xogos para os teus peques? Aquí tes un par de artigos que che poden axudar.  

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.