Saltar

Floreiros con flores para o teu fogar

Podes renovar a decoración do teu fogar con só engadir floreiros con flores en distintos puntos da túa casa, como o salón, o recibidor ou o dormitorio, e así crearás un ambiente moito máis acolledor. Mira todas as ideas que traemos e inspírate.

Coordina o teu salón

Como base, combina tons neutros e torrados con cores pasteis, como o rosa claro, e enche o teu salón de calidez para o período estival. Busca algunhas pezas de mobiliario ou decoración de materiais naturais, como o vimbio ou o bambú. Combinar materiais e estilo nunca estivo tan de moda. E, para rematar de darlle vida ao teu fogar, engade plantas e flores á decoración. 

Arranxos florais

Crea a túa propia combinación de floreiros con flores e dálles vida a eses recunchos da casa que agora pasan desapercibidos. Temos flores artificiais preciosas (vas crer que son de verdade) para que probes a ser florista. As flores daranlle á túa casa o aire natural e agradable que andas a buscar.

Completa esta información coas seguintes ligazóns:

Consigue o look da tempada

Combina materiais, formas, texturas e tamaños na túa composición. O vidro e a cerámica, por exemplo, son bos aliados.

Escolle unha paleta de cor. Neste caso utilizáronse os tons azuis. Atrévete a elixir a túa.  

Aplica a sinxeleza. Cunhas poucas flores podes conseguir incribles resultados.

Flores naturais non incluídas

Flores naturais non incluídas

Crea a túa propia composición seguindo a regra dos impares, que afirma que os elementos impares son máis atractivos visualmente. Así que opta por tres floreiros e verás o resultado.

Podes decantarte por unha combinación máis moderna ou máis clásica, coma esta, que nunca pasa de moda.

Dálle o punto informal co arranxo floral. Neste caso utilizouse un máis natural e silvestre. 

Todos os produtos desta tendencia