Saltar

Xardinería para nenos: unha idea para entreter os teus fillos

O verán é un momento perfecto para que todo medre. Neste artigo, amosámosche como a xardinería en casa pode ser unha forma divertida e educativa de entreter os teus fillos. Non importa que non teñades xardín ou que vivades nun piso da cidade. Podes optar por un horto urbano! Ademais, é unha forma de volvelos conectar coa natureza e de inculcarlles valores positivos para o seu coidado.

Compost caseiro 

 

Para empezar, debemos facer unha lista de todo o que necesitamos para poñernos mans á obra cos máis pequenos da casa e ensinarlles a arte da xardinería. Os elementos básicos serán o fertilizante, as sementes, os recipientes para sementar, unha regadeira e, quizais, un pequeno invernadoiro.  
 
O fertilizante podémolo conseguir de forma natural na casa se empregamos os restos orgánicos da comida. Só necesitamos ter un contedor específico para os refugallos orgánicos. Tamén podemos empregar os pousos de café como nutrición vexetal.  
 
Aaaah! Non tires os tocos nin os talos das cenorias, remolachas, cebolas, leitugas ou similares porque poden servir para xerminar novas verduras e hortalizas. 

Como cultivar sen sementes

 

Aínda que a maior parte se empregue para cociñar, unha verdura pode brotar e renacer con tan só un anaco do talo. Son moitas as hortalizas, as froitas e as plantas que podes recuperar e conseguir que volvan medrar a partir dos seus restos na casa. Por exemplo, podes facer que volvan brotar allos, apios, piñas, aguacates, tomates, cenorias, alfábegas, coandros ou o áloe vera. Para conseguilo, só necesitas un anaco do vexetal ou da planta e colocalo nun soporte para testos pequeno con terra e auga. Despois agarda e verás cales arraigan con novas raíces.  

Para que as túas crianzas poidan axudarche nestas tarefas, debes poñérllelo fácil. Seguro que o mesado da cociña é un espazo de traballo ideal, pero o máis probable é que non teña a altura axeitada para eles. Para conseguilo, usa un tallo. Ter un lugar onde sentar mentres observan como evoluciona o seu pequeno xardín tamén é unha vantaxe. 

Como facer esgallos na auga 

 

Podedes probar outros crecementos e xerminacións. Por exemplo, ao poñer porros, cebolas e alcachofas de Xerusalén na agua, poden producir novas raíces e seguir a medrar. As crianzas poden agregar caras con sorrisos para ver como se desenvolven algúns peiteados e sombreiros interesantes! 

Plantar as sementes das túas verduras

 

Se conseguir que as sobras volvan crecer non é fascinante abondo para as túas crianzas e quedaron con ganas de máis, proba a plantar sementes de pementos ou tomates! Só tes que quitar as sementes das túas verduras, deixalas secar ao sol un par de días e colocalas nun soporte para testos con terra, substrato e auga. E que xurda a maxia! Se o soporte para testos for moi pequeno, cando a planta xa teña un bo tamaño, deberás transplantala a un recipiente máis grande. 

Un horto urbano dentro da casa 

 

Cando rematedes de plantar e limpedes a cociña, poderedes colocar o voso horto caseiro preto dunha luz natural para deixalo medrar. Por exemplo, nun carriño. Coloca un protector de chan embaixo para evitar posibles derramamentos e simplificar a limpeza. Deixa espazo para unha botella de auga ou unha regadeira e restos de café moído para o coidado diario! 

Un pequeno invernadoiro interior 

 

Outra boa opción para colocar con orde e estilo o teu horto urbano na casa é recorrer a un pequeno invernadoiro como este. Podes colocalo na cociña, nunha ventá ou nun estante do salón, pero sempre a unha altura á que os máis pequenos poidan acceder facilmente para inspeccionalo. Unha vez que comecen a medrar as plantas, poderedes marcar o seu progreso (con tinta que non sexa permanente), e a escena cambiará día a día. Quizais pode converterse nun proxecto escolar en construción? 

Se che parece difícil o proceso de crear un horto urbano, deixámosche un vídeo rápido no que che explicamos como facelo nun chiscar de ollos. 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.