Saltar

Ioga na casa: como creares un espazo para a meditación e a relaxación

Queres practicar ioga na casa ou simplemente aprender a te relaxares? Dámosche uns consellos rápidos para converteres o salón da casa nun lugar para a meditación e o benestar. Que nada te free!

Ioga na casa
Ioga na casa

Aparta os mobles e despexa o cuarto

Sabemos que non todas as casas teñen un grande espazo para realizar deporte e continuar coas nosas actividades deportivas rutineiras. Por iso, desde IKEA recompilamos esta serie de prácticos consellos para que poidas liberar todo o estrés acumulado desde a túa propia casa. Contámosche como crear un espazo na casa para faceres deporte. Neste caso, un espazo para practicares ioga.  
  
Un dos aspectos fundamentais do ioga é a contorna. Por iso temos que buscar un espazo que poidamos transformar, por pequeno que sexa, nun recuncho de relaxación: sen mobles que nos impidan facer certos movementos ou posturas, o menos ruidoso posible, ordenado (para que non teñamos distraccións), cálido e cunha luz agradable.  

Prepara un pequeno kit

O bo de practicar ioga na casa é que non fai falta un material específico para poder meditar. Se ben é certo que existen complementos concretos que nos axudan con certas técnicas e diferentes tipos de ioga, non é preciso complicarse demasiado para realizar uns exercicios básicos na casa.

Nós recomendámosche que teñas preparado un kit básico de meditación nunha pequena caixa ou cesta. E, de que se compón? Moi fácil. A nosa aposta son unhas candeas aromáticas coa túa fragrancia favorita, unha toalla pequena e roupa cómoda, como un suadoiro suave, e unhas zapatillas de estar por casa por se precisas calzarte. 

Podes aproveitar algúns dos obxectos da túa casa para meditar máis comodamente. Por exemplo, podemos utilizar a alfombra de casa como a clásica esteira de ioga ou os coxíns do sofá como apoio para protexermos os xeonllos ou como asento no chan; incluso un puf podería facer esta función. Que che parece? 

Xoga coa decoración: inspírate

Para que non se trate dun mero exercicio físico, coida os detalles que te rodean e converte cada momento nunha experiencia estimulante para a túa mente.  
Grazas á orde e a decoración, podemos crear unha atmosfera zen perfecta para o teu momento de desconexión. Fai que aquilo que che envolve sirva de inspiración e motivación, pero coidado, non queremos chegar a distraerte.  

A nosa recomendación é que xogues cos estímulos. Acende unha candea aromática, baixa a intensidade do resto de luces, pon música ambiental ou instrumental e libera todo o estrés. 

Beneficios de practicares ioga na casa

A pesar de que practicar deporte na casa require dunha maior forza de vontade para non caer no perigoso estado do sedentarismo, tamén ten unha boa lista de vantaxes. Algunhas das máis significativas, sen dúbida, son o aforro económico e a flexibilidade horaria. Ademais, onde vas estar máis cómodo que na túa casa?

Se vives acompañado, cadra os horarios para reservar un intre para estar a soas e aproveita para meditar tranquilamente

Completa a túa sesión con outro hábito saudable

Unha vez rematada a nosa sesión de meditación caseira, non hai nada mellor para recuperarmos a enerxía que unha boa bebida revitalizante. Esas vitaminas a lume de biqueira! E é que existe unha gran variedade de receitas para complementar o noso exercicio. Podes optar por zumes naturais enerxéticos que che permitan estimular tanto o corpo como a mente. Anímaste?

Queres ver estes consellos levados á práctica? Non perdas o seguinte vídeo e descubre como adaptar o teu salón para practicar ioga ou outros sinxelos exercicios na casa.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.