Goza do té
Un descanso para tomar un té, ou varios ao día, é a oportunidade perfecta para aclarar a túa mente e reflexionar. Por iso a nova familia de tés de IKEA chámase EGENTID, que en sueco significa "tempo para ti". Os sabores calmantes son naturais e contan coa certificación UTZ.


O té, ao teu xeito
Filtros para infusións, medidas ou teteiras, IKEA ten todos os artigos que necesitas para facer o té exactamente como che gusta. E agora, tamén podes comprar os teus sabores favoritos na tenda. EGENTID é unha serie nova totalmente natural de té en follas que te axudará a gozar de momentos de benestar na casa. «É unha das nosas contribucións a unha mellor vida no fogar. Unha forma de mellorar o día a día das persoas cunca a cunca», comenta Malin Ljungström, que axuda a desenvolver novos produtos de té para IKEA.
«Todos os tés EGENTID teñen a certificación UTZ. O noso alcance global significa que temos o potencial para marcar a diferenza na forma en que se cultivan os tés apoiando prácticas máis responsables e sostibles»
Azaliah Mapombere, especialista en impacto social para IKEA Food
Unha cunca con conciencia
EGENTID é unha opción máis sostible para a hora do té. Está fabricado sen ingredientes artificiais e sen conservantes. Todos os tés da familia contan coa certificación UTZ, mentres que os tés de herbas teñen a certificación UEBT/UTZ. Isto significa que se cultivan en condicións que garanten que se respectou ás persoas e o planeta. «Mediante o programa de certificación UTZ, podemos obter o té de forma máis responsable», explica Azaliah Mapombere, especialista en impacto social para IKEA Food. «O programa garante que os agricultores teñen mellores condicións laborais e a oportunidade de obter maiores ingresos, o que se traduce nunha mellor calidade de vida para eles e os seus fillos».
Cal é o teu sabor?
Hai tres mesturas EGENTID distintas, unha para cada estado de ánimo e momento do día.
Mañá A infusión froiteira e de herbas con herba luísa é unha mestura saborosa e enerxética que te axudará a centrarte pola mañá.
Mediodía O té negro cheo de sabor con xenxibre e bagas de sabugueiro mestura influencias escandinavas e chinesas nun perfecto estimulante para a hora do xantar. Se desexas suavizar o potente sabor do té, engade leite e mel.
Noite O terceiro sabor é menta con cacao. Unha refrescante mestura cun toque de suave chocolate, é unha deliciosa bebida para a sobremesa.
Negro, verde, rooibos... a nova gama de tés EGENTID ofrece unha ampla selección de sabores e xa está dispoñible na tenda