Saltar

A incrible utilidade da luz

Centrémonos no teu benestar

Canto máis poidas variar a túa iluminación, máis doado será crear o ambiente adecuado para calquera tarefa. Así, poderás estar ben esperto cando queiras concentrarte e relaxarte cando necesites desconectar. E isto pode converter o teu fogar nun espazo aínda máis cómodo.

Ver todas as solucións de iluminación para o salón

Por que a iluminación é tan importante

Aínda que non sexamos conscientes, a luz inflúe moito no noso estado de ánimo e o noso benestar en xeral. As solucións de iluminación teñen unha función práctica, xa que nos axudan a realizar determinadas tarefas, pero tamén nos fan sentir ben. En Suecia pasamos longas tempadas sen sol, polo que tivemos que buscar outras formas de crear un ambiente agradable na casa.

Ver todos os produtos de iluminación

Como elixir a bombilla LED máis adecuada
Así que necesitas unha lámpada nova... Pero que significan todos eses símbolos da embalaxe? En realidade, poden axudarche a decidir cal é a mellor lámpada dependendo de onde, cando e como a vaias usar.

Ver a nosa guía de bombillas LED

Sabías que...?

As bombillas LED consumen ata un 85% menos de enerxía que as bombillas tradicionais e duran ata 20 anos.

Ás veces con luz, ás veces sen ela

Nas zonas de descanso necesitamos unha iluminación que nos axude a relaxarnos. A lámpada de mesa SINNERLIG, feita con materiais naturais e de cores relaxantes, achega unha luz suave a todo o cuarto.

Unha iluminación de teito moi orixinal: o xogo de cable triplo HEMMA combina utilidade e estética.

Ver todas as solucións de iluminación para o dormitorio

Gústache ler pola noite? Coloca as lámpadas de forma que iluminen directamente a zona que che interesa, sen molestar á túa parella.