Saltar

Ideas téxtiles para crear beleza no fogar

O libro Nos encanta el hogar de IKEA, da serie SAMMANHANG, está cheo de inspiración para transformar o teu fogar nun bonito espazo. Os téxtiles son unha forma fácil, e a miúdo sostible, de facer cambios. Desde remodelares o cuarto con roupa de cama suave ata usar teas feitas por ti: dedícalles un tempo aos téxtiles.

Cama vestida con roupa de cama en branco e gris.
Cama vestida con roupa de cama en branco e gris.

Tece un pano de fondo

Parece máis complicado do que é. Compra teas por metros e tece coas túas propias mans. Un do dereito e outro do revés. É unha forma fácil, divertida e orixinal de dividir un cuarto que ademais absorbe ben os ruídos.

Crea outra estancia

Divide un cuarto grande en dous ou illa parte da estancia para ter máis intimidade cunhas teas penduradas. Ata podes converter a cama nunha nova estancia dentro doutra suxeitando ao teito un tecido livián a modo de mosquiteira.

Fai o teu propio sofá

Por que non fas un sofá con vistas no oco dunha fiestra? Só precisas un colchón de espuma cuberto de tea e uns poucos coxíns.

Fai unha cortina cunha saba de cama reciclada

As cortinas pódense facer sen grandes complicacións. Para facela de forma sostible pola túa conta, colle unha saba de cama vella, dóbraa e suxéitaa con pinzas a unha guía. A dobra queda coma un reberete.

Fai que a alfombra sexa o centro de atención

Por que non deseñas o teu cuarto cunha alfombra como elemento estrela? Neste dormitorio, a alfombra axuda a enmarcar o cuarto como unha bandexa con textura para a cama.

Colga unha porta branda

Non sempre queres ou tes espazo para portas normais. Isto non ten por que ser un problema, pois podes utilizar teas en vez de portas. Os téxtiles funcionan en todos os cuartos, son fáciles de cambiar e variar, e tamén de lavar. Para crear este gardarroupa só houbo que pendurar o téxtil dunha barra, conseguindo unha preciosa tea que lembra o liño engurrado e combina coas camisas.

Encántanos o fogar

Inspírate e colle ideas para crear unha casa bonita que reflicta a túa personalidade. Coas ideas fáciles de probar das interioristas Emilia Ljungberg, Emma Lange e Emma Persson Lagerberg, e con sete fogares moi persoais do director de arte e interiorista principal Hans Blomquist, has volver a este libro moitas veces. Información útil: non se precisan moitos cartos para crear un fogar de teu.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Emma Lange, Emilia Ljungberg, Emma Persson Lagerberg e Hans Blomquist
Fotografía: Debi Treolar, Sandra Werud, Johan Mansson, Mats Ekdahl, Oskar Falck e Daniel Wester