Saltar

Ideas prácticas para organizar a cociña

A cociña é unha das pezas da casa que máis solucións de orde e almacenaxe precisa. Por iso, saber como aproveitar o espazo é fundamental para sacarlle o máximo partido e que, tanto se tes una cociña grande coma unha pequena, se converta nunha zona práctica e funcional. Segue a ler e non perdas estas ideas prácticas para organizar a cociña!

Os andeis de parede montados sobre azulexos brancos almacenan os ingredientes que máis se empregan nesta cociña en tarros e envases.
Os andeis de parede montados sobre azulexos brancos almacenan os ingredientes que máis se empregan nesta cociña en tarros e envases.

Cantas veces pensaches que os armarios ou os caixóns da túa cociña eran un desastre? Canto tempo pasas a ordenar as friameiras coma se estiveses a xogar unha partida de tetris? Chegou a hora de poñer fin á desorde na cociña! Descubre como podes aforrar tempo e esforzo con estes sinxelos consellos para organizar a cociña.

Paredes

A parede é un dos espazos máis útiles para almacenar cousas, por que non aproveitar o seu potencial? Non te limites a usala só para os armarios de cociña.

Almacenaxe aberta

As solucións de almacenaxe aberta son unha boa opción para complementar cos armarios da cociña. Sérvenche para ter a man aquilo que utilizas con máis frecuencia e queres ter á man. E como está á vista, evita a acumulación de obxectos e a desorde. Podes axudarte de andeis de cociña para pendurar na parede. Neste caso, empregámola para colocar os vasos de cristal e as cuncas.

O poder das ventosas

Se tes fiestras na cociña, tamén podes empregar este espazo para colocar algún elemento de almacenaxe e orde. Nós, por exemplo, puxemos unha cesta de reixa con ventosas que se pode fixar ao cristal. Neste caso, empregamos o espazo para colocar algúns complementos de xardinaxe para as plantas naturais, pero podería servir para calquera outra cousa, como por exemplo, gardar un estropallo de cociña ou unha baeta. Iso si, ten coidado co peso e non o cargues demasiado.

Libera os caixóns

Deixa espazo libre nos caixóns poñendo solucións de almacenaxe nas paredes. Por exemplo, un complemento que nos gusta moito pola súa comodidade é o noso portacoitelos magnético KUNGSFORS. Colócao preto da zona onde preparas a comida. Verás como é moito máis práctico que ter os coitelos nos caixóns.

Organización interior

A organización do interior dos caixóns e os armarios é fundamental para o correcto funcionamento da cociña. Non só tes que pensar en todo o que queres gardar no seu interior, senón tamén na frecuencia de uso de cada obxecto para mellorar a accesibilidade e o uso.

Amontoa a túa almacenaxe

Antes de gardar os artigos de cociña, considera cal é a forma máis práctica de facelo. As tixolas, por exemplo, ocupan menos espazo se as amontoas verticalmente unhas enriba doutras (consello: pon un protector de potas UTRUSTAD para evitar que se raien mentres están gardadas).

As tapas pódense colocar de forma horizontal nun soporte para tapas, coma o VARIERA, que che permite regular a súa lonxitude para adaptalo a calquera oco dispoñible. Verás como podes ver e coller máis facilmente a que precises en cada caso.

Recomendámosche que gardes os alimentos como a pasta, o azucre, a fariña, etc., en botes e tarros transparentes (mellor sempre se son de cristal). Desta forma, poderás ver o interior dunha simple ollada. Ademais, se son do mesmo modelo, resultarache máis fácil organizalos para aproveitar todo o espazo.

Aproveita o espazo dunha forma intelixente

Que teñas un armario antigo non significa que non o poidas adaptar e transformar para que sexa tan útil e versátil coma un armario feito a medida.

Tira o máximo partido del e engade os complementos de almacenaxe que máis che axuden. Por exemplo, para caixóns e armarios moi grandes, xoga coas diferentes alturas. Nesta caso, creamos dúas alturas adicionais coa estrutura e as cestas de reixa JONAXEL, que teñen a capacidade perfecta para obxectos máis grandes como táboas de cortar, roletes e mesmo trapos de cociña.

 

Descubre todos os accesorios para os teus armarios na nosa sección de Interiores para armarios de cociña.

Rutinas diarias

Existen algúns truquiños que che poden resultar moi útiles para organizar a cociña e manter esa orde durante máis tempo. É cuestión de adoptar bos costume na nosa rutina e empregar algún "ás na manga" coma os seguintes:

Organización no aire

Os escorredoiros non teñen por que ocupar espazo no mesado. De feito, os escorredoiros de parede permiten a circulación do aire, polo que a vaixela seca máis rápido. Así, poderás gardala toda nun chiscar de ollos.

Reconsidera como reciclar

Sé práctico á hora de elixir as solucións para os residuos. Consigue solucións de distinto tamaño e forma para que se adapten aos distintos tipos de residuos (coma o HÅLLBAR) e recicla!  Así tardarás menos en clasificalos.

Espazo extra sobre a marcha

Xa o empregaban os nosos avós, así que aprendamos da súa sabedoría. Os carriños de cociña portátiles son un complemento marabilloso para ter máis espazo na cociña (podes utilizalos para gardar artigos voluminosos) e mover dun sitio a outro diferentes obxectos sen apenas esforzo. Xa non terás que facer mil viaxes da cociña á mesa do comedor!

Funcionalidade á hora de pór a mesa

Se queres axilizar a tarefa cotiá de pór a mesa, emprega unha solución que che permita gardar todo o que precisas a diario (vaixela, cubertos e panos de mesa).

Mira o fácil que é organizar a cociña con estes sinxelos exemplos de Listo nun intre:

Almacenaxe de comida

O espazo dos caixóns e os armarios definirá os alimentos que podemos gardar neles. Pero verás como, cun pouco de enxeño, poderás sacarlles o máximo partido e almacenar máis do que pensabas. Estas son as claves:

Botes e tarros transparentes

Garda os alimentos en tarros e caixas transparentes para telos ben localizados. Así tamén verás cando se están a acabar as cousas para mercalas. Se non tes moito espazo, podes axudarte das friameiras cadradas e rectangulares (como as da serie IKEA 365+) para gardar os alimentos. Desta forma, poderás amontoalas unhas por riba das outras sen problema.

Orde en altura

Se tes caixóns profundos na cociña, aproveita toda a súa altura gardando neles os tarros en vertical. Reserva os caixóns menos profundos para os cubertos, as latas planas, etc.

Espazo para as especias

Para gardar as herbas secas e as especias non é preciso ter un especieiro tradicional. De feito, como se conservan mellor ás escuras, o ideal é gardalas en caixóns. Podes aproveitar os caixóns máis estreitos para este fin. Unha boa forma de facelo é colocalos deitados para que caiba un maior número de botes.

E listo! Anota todos estes consellos e organiza a túa cociña dunha vez por todas. Seguro que che queda un espazo perfectamente ordenado e moi práctico. Se quedaches con máis gana de consellos e inspiración sobre cociñas, non perdas o seguinte artigo:

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.