Saltar

Ideas para un escritorio xeitoso e acolledor no salón

Queres un espazo de traballo no salón que non acabe parecéndose demasiado a unha oficina? Amosámosche como decorar esta zona de xeito que estea en harmonía co resto da casa. Cuns sinxelos trucos poderás darlle un toque moi acolledor.

Toma nota!

Un espazo de traballo na sala da casa. Inclúe un escritorio, unha cadeira envolta nunha manta e uns estantes de almacenaxe aberta
Un espazo de traballo na sala da casa. Inclúe un escritorio, unha cadeira envolta nunha manta e uns estantes de almacenaxe aberta

Ter unha zona de estudo ou traballo na casa é, en moitos casos, unha necesidade. Non obstante, non sempre podemos instalala nunha habitación independente e propia; pola contra, debemos atopar a forma de facerlle oco nunha das estancias xa existentes, coma o salón.  

Nestas situacións, temos que enxeñar algo para crear un espazo que, por unha banda, cumpra coas funcións básicas para as que está destinado (nesta caso, a concentración) e, pola outra, non rompa a harmonía do espazo para que siga sendo un fogar agradable e no que queiramos pasar máis tempo. 

Os téxtiles, unha clave do cambio

Este recuncho de traballo na sala de estar afástase da frialdade e a impersonalidade dun simple escritorio. Como o conseguimos? Coa axuda de accesorios sutís e, como non, os téxtiles.  
 
Ao tratarse dunha zona de traballo, debemos ter o básico e necesario: un asento cómodo, unha boa iluminación e diferentes solucións de almacenaxe. Para convertelo nun espazo máis acolledor, inspirámonos no resto de cores que envolven a estancia. É dicir, tons claros con toques en verde, azul e gris, todo plasmado en obxectos de liñas elegantes, con acabados en madeira para darlle esa textura cálida e confortable.  
 
A cadeira de estudo está envolta cunha manta rugosa e de tacto agradable. O flexo ten un cargador inalámbrico integrado para colocar o móbil e evitar ter cables polo medio que poidan estragar este clima. Por último, engadimos un taboleiro perforado na parede para pendurar algunhas láminas artísticas e, por que non, unhas plantas que aleden o ambiente.  
 
Este escritorio está deseñado así para que, cando o traballo estea feito, quitemos a cadeira e pasemos de ter unha zona de estudo a un xeitoso aparador que aporta personalidade ao salón. 

Almacenaxe ao detalle 

Esta sutileza é perfecta para manter a harmonía entre as dúas funcións que vai ter o salón (como zona de traballo, mais tamén como espazo de lecer e relaxación). Todo este efecto debémosllo en gran parte ao sistema de almacenaxe que incorporamos. Contámoscho.  

Toda zona de traballo vén acompañada de material. Así que, para evitar colocar un armario que nos quite espazo na sala e estrague a decoración, decidimos incorporar un sistema de almacenaxe aberto con andeis brancos. As caixas son fundamentais, pois nelas será onde gardemos todo o material da oficina. Desta forma, quedará agrupado, invisible e moi bonito, dado que puxemos caixas con tapas no mesmo ton para dar unha sensación homoxénea.  

Agora que todo está no seu sitio, ultimamos os detalles para que quede perfecto. Aquí é cando esprememos as posibilidades da almacenaxe aberta e amosamos as nosas obras de arte. Nós empregamos cadros, fotografías, plantas e floreiros minimalistas de cores. Ah! E nas caixas colocamos unhas etiquetas para saber sempre o que hai no seu interior. E este é o resultado final. Que che parece?

Aplica estes consellos para conseguir o escritorio dos teus soños! 
 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.