Saltar

Ideas para un cuarto de sobra: un espazo para hobbies

Tes un cuarto sen uso ou cheo de trastes? Convértea nun espazo para os teus hobbies! Amosámosche como darlle unha segunda vida a ese cuarto baleiro transformándoo nunha zona multiúsos

Ideas para un cuarto de sobra: un espazo para hobbies
Ideas para un cuarto de sobra: un espazo para hobbies

Os fogares, igual cas persoas, van transformándose co paso do tempo e evolucionan canda nós. Porén, cando os nosos fillos dan o salto e comezan unha nova vida noutra parte, os seus cuartos quedan petrificados, coma se tivesen a obriga de agardar pacientemente un posible regreso.  

Ser prudentes está ben, pero chegado o momento, non cres que sería mellor darlle unha nova utilidade a ese cuarto? Por que non a aproveitas para ter esa zona de costura e manualidades ou o obradoiro que sempre quixeches? Esta pode ser a ocasión perfecta! 

Un mesmo cuarto para diferentes pasatempos

Unha vez que temos o cuarto baleiro e podemos ver o espazo real do que dispomos, é momento de planificar a súa nova funcionalidade. É posible que tanto ti como a túa parella queirades aproveitala, así que, antes de nada, hai que saber para que se vai empregar esa estancia libre.  

Nesta casa, por exemplo, creamos un taller de carpintaría e manualidades que tamén se converte nun obradoiro de costura.  

Como se vai traballar con ferramentas e materiais de certo perigo, toda precaución é pouca, así que o protector de chan KOLON é un gran aliado se queremos evitar que un golpe ou algún líquido poida danar o noso chan. É recomendable que o sistema de almacenaxe que instalemos (estantes, caixóns...) sexa tamén dun material resistente e que non pase nada se se mancha ou se raia. Por iso, nesta ocasión o sistema de estantes de madeira IVAR e os mobles de caixóns de metal resultan perfectos para este obradoiro.  

Todo o que precisas ao teu alcance

O tempo que adicas aos teus pasatempos é un tempo precioso, así que non o desperdicies buscando cousas. Céntrate sempre na visibilidade e a orde. Ti mellor ca ninguén saberás cales son as túas necesidades, por iso tenta ser o máis enxeñoso posible á hora de organizar o espazo.  

Nós empregamos o noso estante zapateiro GREJIG a modo de cesta improvisada para os tubos de papel de agasallo. Que che parece? Como ten ganchos, podemos pregar o estante cando estea baleiro para que quede totalmente plano e, ao ter unha parte de reixa, podemos empregar ganchos extra para colgar cousas cando o precisemos.  

Caixóns e caixas transparentes

Hai un límite para o que se pode pendurar dun taboleiro sen risco de sobrecargalo.

Para montar o teu pequeno obradoiro, recomendámosche que te axudes de caixóns de aceiro, coma o noso moble de caixóns LENNART, porque é suficientemente transparente para manter á vista cada pequeno desaparafusador e tamén resulta fácil de mover dun lado a outro.

Unha mesa de traballo grande e pregable

Desde mendar pantalóns ata converter as cortinas en roupa, coser pode ser unha actividade do máis versátil, útil e divertida. Por iso, unha mesa pregable é perfecta para que nunca quedes sen espazo, como a mesa NORDEN. Se o precisas, poderás pregar unha ou as dúas ás que ten e, cando acabes, non ocupará nada porque a poderás pechar totalmente.  

Non esquezas aproveitar as paredes; como verás, optamos por un taboleiro perforado SKÅDIS con diferentes compartimentos e ganchos para gardar os obxectos que máis á man queremos ter, coma as tesoiras ou a fita métrica. 

Prepárate para deter os proxectos en marcha

Cada centímetro conta e, como dixemos, hai que ser enxeñosos en como aproveitamos o espazo, e darlle ao miolo para gardar e organizar todas as nosas cousas.  

Dos creadores de "un zapateiro a modo de cesta", chega "un toalleiro en altura". Si, liches ben. É que un toalleiro montado no teito ofrece varas adicionais para pendurar, por exemplo, as pezas máis longas ou as follas de papel dun tamaño considerable. Así non terás que pregalas ni dobralas. E evitaras as engurras! 

Consello: Colócao a uns 30 centímetros da parede se queres deixar espazo para perchas. 

Todos os detalles da mesa de traballo

Na mesa de traballo, precisarás espazo de almacenaxe extra. Por exemplo, a mesa NORDEN ten integrados uns pequenos caixóns no centro para gardar tubos de fío, pequenos recortes de tea, patróns… Tamén podes axudarte dun carriño con cestas.  

Ah! E moi importante, unha boa iluminación para non prexudicar a vista mentres poñemos en práctica o noso hobby favorito. Se non queres ter nada polo medio, podes utilizar flexos con pinza como o NÄVLINGE ou o TERTIAL, e mesmo instalalos na parede, como fixemos aquí co NYMÅNE.  

Orde en todos os recunchos

Xa está listo o obradoiro que sempre quixeches! Que che pareceu? Pon estes consellos en práctica e verás como consegues darlle unha segunda vida a ese cuarto de sobra. Encantarache pasar horas e horas nese espazo tan persoal creando e pasándoo en grande.  

Se queres máis ideas e consellos sobre decoración e orde para o teu fogar, non perdas este artigo sobre Como crear un espazo para a meditación e a relaxación.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.