Ideas para organizar unha comida no xardín
Se es dos afortunados que teñen unha terraza ou un xardín na casa, seguro que cando fai bo tempo adoitas comer ou cear ao aire libre. Co fin de que poidas gozar moito máis deste espazo, traémosche algunhas ideas de decoración e orde para organizar unha comida estupenda no xardín. Inspírate e toma nota!
Un comedor no xardín
Cando temos convidados na casa preparamos o comedor coas nosas mellores galas para sorprender aos comensais. Por que non facemos o mesmo no xardín? Se tes un espazo amplo ao ire libre, propoñémosche que montes un comedor dun estilo semellante ao que tes dentro da casa. É dicir, unha mesa grande para cando recibas algunha visita, cadeiras encastelables para seis ou oito comensais, unha zona para a cociña, ou unha grella e uns estantes para colocar o enxoval ou algún elemento decorativo.
Ah! Tamén tes que protexer a mesa cun parasol e iluminar ben a zona, por se a xornada dura ata a cea. Coas lámpadas de exteriores solares tes o problema resolto e, ademais, tamén podes utilizar algunhas grilandas de luces ou candeas para darlle un aire bonito e acolledor ao espazo.
Mobles de grella para exterior
Para ter todo á man, e non ir e vir á cociña, o ideal é ter todos os elementos no xardín, mesmo a cociña e o vertedoiro. Se o espazo e o orzamento cho permiten, aconsellámosche que instales un recanto pequeno para cociñar na terraza ou no xardín.
Na actualidade existen moitas opcións de mobles multifuncionais pensados especificamente para o exterior que resolverán todas as túas necesidades de almacenaxe e cociña. Dende grellas de carbón, de gas, placas de indución portátiles e cociñas de gas ata vertedoiros. Ademais, non esquezas que precisarás algún estante ou carriño para colocar os utensilios ou as bandexas!
O parasol: un imprescindible para as comidas ao aire libre
Cunha pérgola, un parasol ou unha carpa manterás o sol e a chuvia á raia. Non deixa de ser molesto comer cos raios do sol deslumbrándonos a cara ou que unha tormenta de verán estrague unha celebración ao aire libre e teñamos que saír correndo a resgardarnos.
Un toldo tamén é unha opción económica, práctica e útil para protexerte do sol, o vento ou a chuvia. Ademais, tes a opción de colocalo de xeito lateral para ter máis privacidade na terraza ou no xardín.
Decoración para a túa terraza
Por último, non esquezas que para que un espazo sexa acolledor, o ambiente debe ser natural e relaxado. Para iso, podemos decoralo con plantas e accesorios de fibras naturais (testos, cestos, enxoval…).
A vaixela, os manteis e a cristalaría tamén desempeñan un papel especial á hora de gozar máis do momento na mesa. Mestura diferentes estilos e cores (combínaos coa decoración do teu espazo) e amosa as túas mellores pezas! Conseguirás que todo o mundo se sinta especial!
Se ides pasar tardes longas sentados á mesa, recomendámosche que as cadeiras sexan o máis cómodas posibles. Cubre as túas cadeiras ou bancos con coxíns de exterior e asunto solucionado!
Gustáronche estes consellos? Pois temos moitos máis nos seguintes artigos:
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.