Ideas para organizar unha casa pequena
Aproveitar ao máximo cada recuncho dun piso pequeno pode axudar a manter a orde na casa e gozar dun fogar máis funcional e práctico. Mercedes ten unhas cantas ideas de organización e almacenaxe intelixentes para facer que a vida sexa máis sinxela no seu pequeno apartamento. Inspírate e descubre como organizar unha casa pequena cos consellos desta familia!


1. Abre a almacenaxe da túa cociña
Para ordenar a cociña non é preciso que todo estea oculto. A almacenaxe aberta poder ser igualmente útil e decorativa. Por exemplo, podes amontoar a vaixela e outros utensilios de cociña nun estante longo ou en caixas abertas. Así terás á man todo o que empregas habitualmente para cociñar.
2. Usa as paredes do corredor para gañar espazo
Non permitas que o corredor sexa un espazo desaproveitado. Unha parede completa de armarios zapateiros TRONES pode engadir unha gran cantidade de opcións de almacenaxe a un recibidor estreito para manter a orde. O noso zapateiro estrela non ten por que servir só para gardar os zapatos. Aquí tes máis ideas orixinais para usar TRONES!
3. Enche os recunchos difíciles
Nunha casa pequena, todas os currunchos contan! Aproveita o pouco espazo baixo as escaleiras con solucións de almacenaxe. As caixas e os cestos serven para organizar material de papelaría, mentres que unha cómoda baixa é ideal para quitar cousas do medio nun espazo reducido. Tamén podes engadir un banco como MACKAPÄR, que cumpre unha dobre función.
4. Personaliza a almacenaxe do salón
O teu estante do salón pode ser de moito máis proveito se lle engades caixas que se poidan sacar. Combina solucións de almacenaxe abertas e pechadas e escolle materiais diversos para crear un ambiente único e persoal. Os materiais naturais coma o ratán, o bambú ou o xunco poden dar un toque decorativo actual, unha tendencia en decoración de interiores que segue a pisar firme.
5. Organizar armarios con caixas amontoables
Amontoa a roupa doutras tempadas en caixas e engade etiquetas para saber exactamente que hai en cada unha. Mercedes tiña un armario encaixado sen portas no seu dormitorio. Incorporou unhas barras para pendurar a roupa e na parte inferior engadiu as nosas caixas amontoables con tapa TJENA.
Para ocultar o armario engadiu unhas cortinas que pode personalizar e cambiar segundo o estilo que queira dar en cada tempada ao seu dormitorio. «Podo dar unha nova imaxe ao cuarto só cambiando a tea», comenta Mercedes. .
6. Un cuarto infantil orixinal
Facilita aos nenos que atopen inspiración no seu dormitorio. Emilia, a filla de 6 anos de Mercedes, ten estantes e caixas arredor do seu escritorio para todo o seu material de manualidades e os seus xoguetes. Con caixas e cestos, cada cousa ten o seu sitio e o dormitorio da pequena está moito máis ordenado e libre para xogar. Ademais, Emilia é a que decora as paredes do seu dormitorio cos seus propios debuxos.

Se ti tamén vives nunha casa pequena con poucos metros cadrados e tes cativos, deseguido ofrecémosche algúns trucos para ordenar os xoguetes cando temos pouco espazo. Tamén che amosamos o cambio que lle deu Olga ao seu salón despois de ser nai:
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.