Aproveita o espazo do teu lavadoiro de xeito intelixente
Ordenar o lavadoiro ou o cuarto de pasar o ferro é moi doado con estas ideas. Toma nota e pon todo no seu sitio nun pestanexo!


Cando falamos de "lavadoiro", non nos referimos só a cuartos dedicados unicamente a este propósito. Pode ser o rocho, o cuarto de pasar o ferro ou ese pequeno espazo na cociña que aproveitamos para ter a lavadora ou o ferro de pasar, ou para tender a roupa. Nesta zona, parece que nunca temos suficiente espazo para tender toda a roupa ou clasificar todos os botes en función das nosas necesidades. Por iso, recomendámosche que tomes nota das nosas ideas para organizar o lavadoiro e tirarlle todo o partido posible cos nosos produtos de almacenaxe para espazos pequenos.

- Páxina de información do produto
Si á almacenaxe vertical
Calquera recuncho pode ser xenial para sacarlle un chisco máis de partido ao espazo. E se non podes facelo en horizontal porque o espazo é demasiado pequeno..., por que non en vertical?
Nós suxerimos unha solución en vertical como BOAXEL para esta zona do fogar, xa que pode facerche a vida máis doada e axudarche a aproveitar moitísimo mellor todo o espazo que tes. Trátase dun sistema verdadeiramente flexible que che ofrece todas as funcións que precisas para facer a bogada e tender a roupa sen complicacións.
Queres un truquiño adicional para pasar o ferro en menos tempo? Coloca unha guía na parte superior para secar a roupa nas perchas. Deste xeito, engurrarase menos!
Desfaite do ruído visual con caixas, tarros e andeis
Como diciamos antes, esta zona adoita compartir espazo con áreas máis grandes, como a cociña ou o baño. Por iso, cremos que é fundamental manter a orde dos diferentes produtos e complementos.
Así, a nosa recomendación é que, se podes, coloques varios andeis con bastante profundidade e ata o teito, para tirarlle partido a este oco que doutro xeito estaría desaproveitado.
Por outro lado, as caixas transparentes facilítannos ver onde están as cousas e fan que, visualmente, o espazo semelle máis grande do que o faría se escollésemos caixas opacas. Uns consellos para saber como organizar esta zona:
- Coloca todos os produtos químicos e tóxicos para lavar ou limpar en estantes altos, fóra do alcance dos nenos.
- No caso dos artigos pequenos, como tesoiras e alfinetes, proba con frascos e caixiñas máis pequenas para almacenalos de xeito ordenado. Podes colocalos, á súa vez, dentro dunha caixa máis grande, mais tamén afastada dos peques.
- Nos andeis máis baixos, deixa á man as toallas e produtos que empregues a diario. Neste caso, podes prescindir das caixas para que sexa máis rápido collelos.
Como delimitar o espazo do lavadoiro
A nosa idea era facer un recuncho do máis útil e funcional no baño; por iso, delimitamos esta zona cunhas sinxelas portas corredizas. Parece mentira que todo o que vimos (e máis) caiba neste pequeno oquiño, verdade?
Por suposto, se non tes espazo para todo isto, podes coller calquera destas ideas e trasladala a calquera outra estancia onde teñas o lavadoiro: son solucións versátiles que teñen cabida en calquera armario ou parede do fogar.
Tamén queremos destacar o taboleiro perforado SKÅDIS (pódelo ver enriba da lavadora ou na primeira das nosas fotos). Un complemento que, a pesar do seu pequeno tamaño, é do máis funcional porque o podes personalizar ao teu gusto con diferentes ganchos ou miniestante, en función do que queiras colocar nel.