Saltar

Ideas para montar un concurso de receitas con amigos

As seguintes liñas van destinadas a todas aquelas persoas amantes dos plans gastronómicos, pero que queren coidar do seu peto. Se queres seguir gozando das bondades dun gran xantar ou cea sen gastar apenas, e demostrar os teus dotes culinarios, sigue a ler, xa que traemos dous retos para unha quedada na casa con amigos. 

Mesa de xardín cun mantel branco, diferentes pratos de comida, vasos con flores e xogo de cubertos.
Mesa de xardín cun mantel branco, diferentes pratos de comida, vasos con flores e xogo de cubertos.

Reto 1: receita sorpresa con varios ingredientes

Tempo de preparación: depende da receita.

Número de comensais: mínimo catro.

Ingredientes:

  • Un produto sorpresa por invitado.
  • Imaxinación para crear una receita.
  • Ganas de gozar do plan. 

Elaboración: esta proposta só é apta para as persoas atrevidas e sen medo de non ter o control da situación. Consiste en que cada convidado traia un ingrediente sorpresa e, unha vez postos todos en común, crear un menú con todos eles. O menú debe contar cun entrante, un primeiro prato, un segundo e sobremesa. Todos os convidados teñen liberdade absoluta para traer o seu ingrediente, e, polo tanto, dependerá de cada un a orixinalidade do menú final. Que pode saír mal? Dende logo, moitas cousas..., pero o que si é seguro é que ides gozar a barullo. 

Reto 2: receita cun ingrediente común

Tempo de preparación: depende da receita.

Número de comensais: mínimo catro. 

Ingredientes:

  • Un produto común para todas as receitas.
  • Produtos necesarios que cada un precise para a receita.
  • Discurso por se a túa receita é a gañadora.
  • Ganas de gozar do plan.  

Elaboración: neste caso, elíxese un ingrediente, e cada convidado deberá elaborar unha receita na que este sexa o protagonista. Unha vez rematados todos os pratos, póñense en común e elíxese a receita gañadora. É unha forma divertida de probar o enxeño de cada un e os vosos dotes na cociña. Non importa se hai moita diferenza de nivel: aquí a clave é aprender, xantar ben e, sobre todo, pasalo estupendamente. 

Listaxe da compra

Deixámoste a listaxe dos produtos indispensables que non poden faltar para levar a cabo estes plans. Colle papel e lapis, e apunta:

Coitelos: tanto un bo coitelo para pelar como este modelo que pertence á gama IKEA 365 + son pezas indispensables á hora de preparar calquera receita. Tamén podes facer un xogo de tres coma este. Non saltes este paso se queres converterte nun gran chef!

Unha boa táboa para cortar: aproveita este momento, porque xusto baixamos o prezo das nosas táboas LÄMPLIG, tamén o da de tamaño pequeno, ambas as dúas feitas de bambú. Resisten con todo!

Recipiente mesturador: o cunco de aceiro inoxidable BLANDA BLANK non pode faltar en ningunha cociña. Vale para mesturar ingredientes, pero tamén para servilos. Sen dúbida, é unha das mellores formas de investir 2,99€. 

Tarteiras: non hai receita que non requira desta ferramenta básica. Consigue un bo xogo de tarteiras como ANNONS: duraranche toda a vida.

Tixolas: atopar a tixola antiadherente perfecta na que non se pegue a comida non é tarefa fácil, pero unha vez que o fas, non te separarás dela. Atopa a túa aquí.

Telo todo? Si? Entón, só che falta avisar os teus amigos e fixar unha data para sacar o chef que levades dentro.  

Estas son as dúas propostas para a próxima quedada do voso grupo de amigos. Seguro que pasades unha noite de chuchar os dedos. Agora si, bon appétit!