Ideas inspiradoras para estudios pequeniños
Como crear unha zona cómoda para durmir e conseguir espazo para descansar, cociñar e comer en 15 m²? O dúo de deseñadores suecos JOPIA conseguiuno. Resultado: Un estudio pequeno de estilo industrial moi práctico e luminoso


Se dispores de pouco espazo, os mobles multiúsos son a mellor opción. Os armarios de cociña con portas de encerado van de luxo para escribir a lista da compra. Apetéceche escoitar música? Colle o puf que hai colgado na parede e achégao á mesa de centro con almacenaxe de reixa para montar a túa cabina de DJ.
“
A mesa de cociña é abatíbel e tamén serve para traballar. O sofá dispón de espazo de almacenaxe debaixo e detrás para gardar libros e revistas. Mesmo podes botar a sesta nel».”
Johan Dalin e Pia Kriisin, JOPIA
JOPIA puxo unha minicociña porque, ademais de ser moi económica, é moi doada de instalar. Ademais, é portátil. O mesado, o vertedoiro e a billa (incluídos) permítenche realizar todas as tarefas básicas. Despois engadiron unha placa de indución portátil e un frigorífico. Mesmo hai espazo para reciclar e un carriño con rodas para almacenar alimentos.
¿Necesitas más consejos para crear una solución de cocina práctica? Echa un vistazo a esta idea creada a partir de la minicocina SUNNERSTA.
“
Estética e funcionalidade nunha mesma solución. Trátase dunha solución moi práctica de estilo industrial, con detalles de aceiro e madeira».”
Johan Dalin e Pia Kriisin, JOPIA
Aproveita a altura do teito para ter o chan máis despexado. Na parte superior da parede hai unha fila de armarios para gardar as cousas que non se utilizan a diario, como por exemplo os arquivos e a roupa de cama. As cousas de uso diario, como por exemplo os discos, están gardadas no estante branco. A zona para durmir dispón dunha solución de almacenaxe para a roupa e as mantas. Á zona para durmir e aos armarios accédese cunha escaleira lixeira.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Creado por
Deseño de interiores: Elin Stierna
Fotografía: Andrea Papini
Texto: Anna Blom
Deseño de interiores: Elin Stierna
Fotografía: Andrea Papini
Texto: Anna Blom