Ideas para un dormitorio sostible
Aínda que se pense o contrario, cada vez é máis sinxelo mercar pensando na sostibilidade, e máis se é en IKEA. Se estás a planear renovar o dormitorio ou, sinxelamente, queres darlle un aire novo, temos produtos que están feitos con materiais e procesos que son máis amigables con planeta, e seguen tamén as tendencias actuais. Anota estas ideas de decoración e únete ao noso movemento por un fogar máis sostible!
Téxtiles de materiais naturais
O lino é un tipo de material de tacto suave e transpirable, que axuda á absorción da humidade que produce o noso corpo mentres durmimos. Ademais, tamén é unha fibra natural renovable, así que cando teñas que mercar téxtiles para a túa cama, como sabas ou fundas nórdicas, recomendámosche este material, así como outros como, por exemplo, o algodón (procedente de fontes sostibles) e o lyocell.
Busca a nosa familia de sabas de lino PUDERVIVA!
Un nórdico de materiais reciclados
O recheo esponxoso dun edredón é o que pode marcar a diferencia para un soño profundo e reparador nas noites de frío. Amais, a verdade é que non a todo o mundo lle cadra o mesmo. Para saber cal é o máis axeitado, recomendámosche que teñas en conta a temperatura ambiente da túa casa, así como a do teu corpo ao durmir.
Se falamos de sostibilidade, os máis recomendables son os recheos de materiais reciclables, como o recheo dun nórdico de poliéster (nós temos uns de lavado sinxelo e de fontes cen por cen recicladas) ou de lyocell, que é perfecto para persoas que sufran algún tipo de alerxia a tecidos convencionais.
Unha elección consciente para durmir ben
Como diciamos, se elixes téxtiles de materiais naturais, non só estarás mellorando a túa calidade de sono e benestar, tamén axudarás ao planeta. O algodón que usamos para os nosos nórdicos e sabas, por exemplo, ademais de ser recomendable para evitar alerxias, provén de fontes máis sostibles. Isto significa que o algodón recíclase ou cultívase con menos auga, menos fertilizantes e menos praguicidas, e aumentan as marxes de beneficio para os agricultores.
Unha almofada ergonómica única
Todos temos estilos de durmir diferentes: uns pasamos a noite de costas, outros de costado e algúns cambiando de posición continuamente. Probar unha almofada ergonómica, deseñada para cada xeito de durmir, pode ser unha inversión que che axudará a descansar mellor e tomar mellores decisións sostibles no futuro. Ademais, se escolles RUMSMALVA, gozarás do beneficio adicional da súa escuma viscoelástica, que está fabricada con material sobrante da produción de colchóns, reducindo así o uso de novas materias primas.
Existe unha receita secreta para durmir mellor? O certo é que hai unha, pero non é un segredo. Trátase de aire limpo, silencio, luz e temperatura e, por suposto, comodidade. Entón, algo tan simple como unha almofada pode marcar unha gran diferenza.”
Gretchen Broussard, deseñadora de interiores de IKEA
Mobles de materiais naturais
Escoller mobles de bambú ou ratán é un xeito de crear un fogar máis sostible porque son materiais resistentes. Por exemplo, cun armario de bambú como LUBBAN, feito con ratán renovable e tecido á man.
A alfombra tamén importa
As alfombras poden durar toda a vida se se coidan ben. Se tamén buscas que sexa sostible, aquí tes unha feita con algodón reciclado. Descubre todas as nosas alfombras!
A propia aparencia da natureza
Facer que o teu dormitorio sexa un lugar tranquilo e confortable está nas túas mans con eleccións de mobles e accesorios de decoración que recorden a natureza. Para axudarte, contamos cunha serie de produtos que deseñamos e fabricamos seguindo as últimas tendencias en decoración, e de xeito responsable co medio ambiente. Moitos deles feitos con materiais renovables como o ratán, as algas, a fibra de plátano, o xute ou o bambú, están tecidos á man por hábiles artesáns.
Queres ver outros produtos sostibles? Velaquí temos outros sete para todo o teu fogar, que che axudarán a levar un estilo de vida máis concienciado cos problemas medioambientais do noso planeta.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.