Saltar

3 ideas para decorar a túa casa cun estilo primaveral

Os días son máis longos, as temperaturas soben… Sabes o que iso significa? Efectivamente, xa está aquí a primavera!

Inspírate con estas ideas de decoración para transportar o cambio de estación ao teu fogar e darlle un toque máis fresco e alegre. Non perdas estas ideas bonitas, prácticas e accesibles para decorar a túa casa esta primavera.

Comezamos!

Como decorar o dormitorio: 2 cambios básicos 

Unha das primeiras zonas da casa onde notamos esa transición de estacións adoita ser o dormitorio e, por iso mesmo, comezamos aquí a nosa particular lista de consellos sobre decoración primaveral. 

Para decorar o dormitorio con ese toque de primavera imos usar téxtiles. A calor trae a incorporación de tecidos moito máis lixeiros e frescos. Por iso, será boa idea cambiar a roupa de cama e aproveitar a ocasión para introducir un toque extra de cor, que nunca vén mal.

Un consello: non gardes antes de tempo as mantas ou as colchas. Lembra que nesta época do año as noites aínda son un pouco frías e non queremos que espertes na metade da noite para buscar algo de abrigo. Por iso, reserva sempre algunha, aínda que sexa máis fresquiña, para tela sempre á man e que nada che perturbe o sono.

É un cambio pequeno, xa que custará nada e menos, pero que dará unha aparencia totalmente nova á estancia. 

Lembra que este ano a tendencia é ir cara ao natural e ademais no dormitorio sempre é mellor apostar por tons suaves para que o ambiente sexa máis relaxado e descansemos mellor. Así que, aínda que queiras engadir algo de cor, ten presentes estes consellos se dubidas á hora de elixir roupa de cama.

Ademais da roupa de cama, pensa no resto dos téxtiles que podes encontrar no dormitorio. A primavera é, por dicilo dalgún xeito, o noso reencontro co sol e a luz natural. Por fin despedimos os días grises e tristes e damos a benvida aos días alegres e despexados. Por iso é o momento de poñer a punto as fiestras. Se non queres desperdiciar nin un raio de sol, pero tampouco renunciar á túa intimidade, recomendámosche colocar unhas cortinas finas nas fiestras.

Salas de estar naturais e máis verdes 

A sala de estar tamén ten un gran potencial para cambiar de estilo cada certo tempo e iso e porque, igual que o dormitorio, conta con varios téxtiles cos que podemos ir xogando entre estacións.

Para decorar a sala de estar cun estilo primaveral, recomendámosche que antes cambies as fundas dos coxíns e os combines entre eles, sempre a xogo coa decoración do cuarto. Por exemplo, nesta sala de estar de cor beixe, decantámonos polos verdes (unha cor moi alegre e popular nesta estación) e tons máis crus.

Non esquezas que a primavera é unha época perfecta para xogar tamén cos estampados, así que, se na túa sala de estar predominan as cores lisas, pode que sexa unha boa opción romper con ese modelo e introducir téxtiles con algún tipo de debuxo en diferentes cores que dean máis dinamismo á contorna.

Non teñas medo de experimentar!

Tes unha alfombra? Non a descartes tan rápido. As alfombras tamén teñen un oco na decoración de primavera (e mesmo de verán). Se a túa está feita con materiais naturais ou é máis artesanal, será máis que benvida na túa sala de estar primaveral.

Algo máis que poidas cambiar da túa sala de estar? De novo, as cortinas xogan un papel importante, así que podes aplicar o mesmo consello que che demos para o dormitorio neste caso. 

Detalle a detalle, podes crear grandes cambios nun cuarto. Aquí, nós incorporamos unhas ramiñas na mesa de centro e xunto as fiestras para darlle ese toque máis natural e engadimos algúns complementos, como un cadro con pequenos debuxos de cores para alegrar o ambiente. 

Decorar con plantas, o detalle final 

A decoración con flores e plantas naturais non podía faltar neste pequeno listado de consellos para decorar a casa en primavera. Hai acaso unha estación mellor para iniciarse nesta bonita forma de personalizar o noso fogar? 

Non é necesario facer grandes cambios e encher cada recuncho da casa con elas, pero é certo que un pequeno toque non virá nada mal. As plantas, ademais, inflúen moito sobre a contorna, xa que purifican o aire e axúdannos a estar de mellor humor. Así que non vemos por que deberiamos renunciar a elas. Que che parece o seu efecto neste recuncho de traballo e estudo? Seguro que fai que as tarefas sexan máis amenas. Anímate e adórnaas, ademais, cun bonito floreiro. Encantarache o resultado e o investimento será mínimo. 

Que che pareceu? Pon en práctica estes consellos e transforma o teu fogar para recibir a primavera como merece. Enche a túa casa de ledicia e encanto por moito menos do que imaxinas. 

Se quedaches con ganas de máis inspiración, preparamos unha selección especial de artigos con máis ideas sobre orde e decoración. Non os perdas!

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.