5 ideas para decorar terrazas pequenas
Quen ten unha terraza ten un tesouro, aínda que sexa pequena! Sobre todo se sabes aproveitala. Por iso, dende aquí ímoste axudar con diferentes ideas de decoración, segundo o que queiras facer nela: quedar cos teus amigos, facer deporte, tomar algo… Toma nota!
O ideal é que a decoración, ademais de cumprir unha función estética, cubra as túas necesidades. Por iso, nesta ocasión ímonos centrar en ideas de decoración para terrazas pequenas segundo o uso que lle deas (ou lle queiras dar) á túa. Non se trata de decorar por decorar, senón de que che sirva para aproveitala ao máximo e desfrutar ao aire libre. Segue a ler e elixe a opción máis axeitada para ti.
1. Decoración para convidar aos amigos
Gustaríache aproveitar a túa terraza para convidar aos teus amigos ou familiares? Aínda que sexa pequeniña, pódelo conseguir. Neste caso, terás que dedicar a maior parte do espazo a colocar unha cadeira de brazos de exterior que sexa cómoda. Tamén precisarás unha mesa que non sexa moi grande na que poidades colocar as bebidas e os petiscos.
Para que caibades máis persoas, podes poñer un ou dous pufs nos ocos que teñas. Cando marchen, será doado situalos noutro cuarto da casa para deixar máis espazo libre na terraza.
Non esquezas colocar coxíns de diferentes cores e algunha mantiña sobre a cadeira de brazos para que os teus convidados estean cómodos mentres falades ou tomades algo. Se queres que estar na túa pequena terraza sexa aínda máis agradable, coloca algunhas plantas e flores na zona da varanda e un par de faroliños para candeas para conseguir un ambiente máis romántico e chill out cando anoiteza.
2. Decoración para facer deporte
Se che gusta o deporte e queres dedicar este espazo exclusivamente á práctica de exercicio, tamén temos ideas para ti. Por suposto, como o espazo é reducido, falamos de actividades físicas que non requiren moito desprazamento, coma o ioga ou o pilates.
Neste caso, trátase de que crees na túa terraza un recuncho tranquilo onde desfrutarás activando o teu corpo sen que nada te interrompa. Para iso, a primeira premisa será poñer poucas cousas para aproveitar moito máis o lugar. Que vas precisar? Recomendámosche que coloques unha alfombra de exterior que actúe como base da túa esteira, para aportarte maior comodidade. Tamén podes poñer un pequeno puf ou unha mesa para deixar o que precises mentres fas exercicio (un libro con recomendacións, o teu móbil, a tablet, a túa botelliña de auga…)
Tamén che aconsellamos que poñas unha pequena cadeira de brazos para que, cando remates o exercicio, tamén poidas aproveitar a terraza para pasar un tempo relaxante nela. O toque final para ambas actividades será colocar algunha plantiña que cree un bo ambiente. Se non che sobra moito espazo, podes aproveitar as paredes.
3. Decoración para tomar algo
Esta é a decoración perfecta para aqueles que asocian as terrazas cos bares, con tomar algo fresquiño e desfrutar dunha charla agradable, sexa en soidade, coa familia ou cos amigos.
Neste caso, como se trata dunha terraza pequena, o ideal é optar por unha mesa de tamaño reducido que sirva para deixar as bebidas e pouco máis. En relación coas cadeiras, podes escoller algunhas pregables e combinalas con tallos coma o da foto para gañar uns centímetros de espazo. O mellor das cadeiras e mesas pregables é que poderás quitalas cando non as precises e gardalas facilmente, algo moi práctico cando se trata de balcóns e terrazas pequenos.
Para que poidas sacarlle o máximo partido á túa terraciña de bar particular durante todo o día, tampouco pode faltar un parasol que vos protexa do sol. Cando teñas todo isto, só terás que aportar un pouco de cor y ambiente con plantiñas de exterior na zona da varanda, e outros adornos coma un faroliño para candeas que poderás acender cando atardeza. Un gran plan!
4. Decoración para desfrutar das plantas
Encántanche as plantas e non tes patio? Entón esta idea de decoración é para ti. Trátase de que aproveites a túa terraza para crear un pequeno xardín no que poidas explorar esa paixón que sentes pola xardinaría.
O primeiro paso será elixir as plantas. Para iso, é importante que teñas en conta as condicións da túa terraza: a luz que recibirán nas diferentes épocas do ano, se é aberta ou pechada, o vento… Segundo estas condicións, deberás elixir unhas plantas ou outras. Por exemplo, se a túa terraza é pechada, o ideal é que escollas plantas de interior.
Para distribuílas pola terraza, podes colocar un estante como KOLBJÖRN. Na parte superior poderás poñer moitas das túas plantiñas, e na parte inferior gardar todo o que precises para o seu coidado (regadeira, tesoiras, luvas…). Se te sobra espazo, pon unha pequena mesa na que desfrutar dun té mentres observas todas as túas plantiñas.
5. Decoración para una lavandaría
Por último, outra forma práctica de aproveitar a túa terraza é destinar o espazo a algunha tarefa do fogar para a que non teñas suficiente espazo na casa. Neste caso, parécenos un espazo interesante para montar unha pequena lavandaría, no que incluirás a lavadora e o cesto da roupa sucia cunha pequena cortina. Encima de ambos elementos podes colocar un mesado e, máis arriba, unha barra na que colgar as prendas máis longas e, así, ampliar el espazo máis alá do tendal.
Para aforrar espazo cando remates a coada, podes poñer uns ganchos na parede que che permitan colgar o tendal. Tamén podes colocar un armario na parede para gardar todos os produtos de limpeza da casa, deste xeito teralos sempre situados e aforrarás tempo cando teñas que comezar a facer as tarefas.
Cal destas opcións che gustou máis? Antes de que marches, recomendámosche botar un ollo a estes artigos por se necesitas máis ideas.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.