Hurra por IVAR!
En 1968, un andel anónimo entrou na tenda IKEA. 50 anos despois, o sistema de almacenaxe IVAR é máis famoso que nunca. É intemporal e sinxelo, e os seus materiais naturais convérteno na opción perfecta para calquera contexto.


Co paso dos anos, vimos como as cómodas, os andeis e os armarios IVAR van de estancia en estancia. Con cada nova capa de pintura e pomo ou tirador, convértese nun moble práctico en calquera interior. A sinxeleza e as superficies intercambiables de IVAR invitan á creatividade e ás interpretacións individuais. Así é como celebramos o 50 aniversario de IVAR: dándolle os mobles da serie expresións propias dunha icona moderna.
Os armarios minimalistas están colgados na parede e pintados co mesmo ton para conseguir un ambiente monocromo. Usando unha capa de verniz, demos un toque moderno ás cadeiras IVAR, creando unha bonita combinación de superficies de madeira. A estrutura de madeira natural IVAR dá profundidade e textura á estancia.
Os armarios metálicos de aceiro modernizan o andel clásico cun toque industrial. Son un contraste duradeiro e sólido con respecto á estrutura de madeira do resto de mobles da serie IVAR. Impresiónanos a expresión moderna deste cincuentón. Describiriamos IVAR como práctico, natural e camaleónico. Con que IVAR te identificas? Que pomo ou tirador elixes para os caixóns? Que cor, verniz, ou tinguidura usas para os armarios?
En 2068, IVAR celebrará su centenario, pero hasta entonces esperamos seguir las aventuras de IVAR en hogares de todo el mundo.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.