Percorrido por unha casa: unha pequena casa familiar para tres
Se che apetece ollar un piso pequeno para tres cunha decoración moi orixinal, non o perdas! Ten unhas ideas de almacenaxe e orde do máis interesantes...


Maximizar o espazo con sinxelas solucións
Cando os metros cadrados brillan pola súa ausencia pero queremos sacarlle partido a cada centímetro, temos que agudizar o enxeño ao máximo. Neste caso colocouse na esquina da sala de estar un sofá cama con espazo de almacenaxe incorporado, deixando as paredes libres para diferentes tipos de almacenaxe pechada.
Así, tamén é ideal para agochar as almofadas e edredóns dentro do repousapés durante o día.
Come, crea, xoga e despois… repite!
A vantaxe de vivir nun espazo pequeno é que nunca estás lonxe de ningún cuarto, verdade? (Oe, e que tes menos que limpar!)
Invitámosche a que penses, como fixeron nesta casa, no salón como unha soa área pero con diferentes zonas para diversos tipos de actividades.
Por exemplo, con este tipo de bancos colocados contra a parede conseguimos moitísimo sitio para sentar a comer, facer os deberes, traballos manuais, para xogos de mesa… E baixo os bancos, as caixas de almacenaxe soluciónannos moitísimos problemas de espazo.
Emprega os espazos e características estraños e crea unha solución personalizada cun pouco de imaxinación".”
Tina Hellberg, decoradora
Expón a túa decoración favorita... e esconde o resto!
As vitrinas son un dos mobles máis recorrentes en todos os fogares e é por algo! Permítenos personalizar os espazos protexendo a decoración e demais elementos do po. E aínda que teñas unha vitrina de vidro completamente transparente, tamén podes ocultar todo aquilo que non queiras que se vexa: emprega caixas e cestos para colocar no seu interior todas esas cousas pequeniñas que doutra forma acaban tiradas por aí.
Se ademais contas cunha vitrina con chave, podes asegurarte de que o rei ou raíña da casa non meta a man onde non debe…
Separar espazos máis alá dos muros
Se tes unha casa cun gran espazo pero poucos cuartos, tamén podes crear a ilusión de ter estancias separadas ao dividir o teu espazo en diferentes zonas, tal e como fixeron aquí.
Neste salón con sofá cama, diferentes tecidos en tons de azul coséronse para mesturarse coas paredes. Xuntos crean unha sensación de espazo e fan que o cuarto pareza máis grande do que realmente é, ademais de darlles a todos un pouco de privacidade.
Make use of odd spaces and features and create a customised solution with a little imagination!”
Talla Hellberg, Interior designer
Xoga con cores rechamantes no cuarto do pequecho
Os nenos e nenas a miúdo séntense atraídos pola roupa e os xoguetes de cores brillantes; un xeito de axudalos a sentirse conectados e a gusto co seu cuarto é decorar con algunhas das súas cores favoritas.
Sabemos que mesturar moitas cores distintas e rechamantes nun espazo pequeno pode resultar un pouquiño abafador, así que usa un dos máis harmoniosos ou neutros como base e agrega accesorios máis coloridos nas cores que máis lle gusten ao teu neno.
Almacenaxe con estilo propio
Sabemos de sobra que cando vivimos nun piso pequeno a funcionalidade é no primeiro que pensamos. Pero, que pasa co estilo? Ata os mobles máis básicos e sinxelos poden converterse nos protagonistas do espazo se sabemos personalizalos ou darlles ese toque característico que consiga que chamen a atención.
Os donos desta casa pintaron a nosa mítica cómoda MALM de cor granate para crear un bonito contraste coa parede azul. Lembra sempre: mantén aos nenos seguros e evita o risco de que envorque asegurándoa á parede.
Todas as fotos extraéronse do Catálogo IKEA 2019