Saltar

Hora do té con algo doce

Para a maior parte de xente, o té é unha bebida reconfortante que asociamos a un momento de pausa. Pero pode ser moito máis. Por exemplo, a clave desta deliciosa sobremesa, na que o amargor do té Earl Grey contrasta coa dozura das peras.

Mesa rústica de madeira cun prato con peras e lácteos, un garfo e unha cunca de té a carón.
Mesa rústica de madeira cun prato con peras e lácteos, un garfo e unha cunca de té a carón.

Peras en té Earl Grey

Racións: 4-6 Tempo: 35-40 min

Esta deliciosa sobremesa conxuga con elegancia a dozura das peras e o amargor do té. O mascarpone e a crema fresca danlle a untuosidade axeitada.

Pasos:

  1. Pelar as peras cun pelador de patacas e cortar ao longo en toradas de aproximadamente 2 cm de grosor (dá como para 4 toradas).
  2. Pór as bolsiñas de té nunha pota de 1½ a 2 litros e engadir 6 dl de auga e mailo azucre. Ferver; a continuación, retirar do lume e deixar repousar 4 minutos.
  3. Quitar as bolsas de té. Volver colocar a pota no lume e deixar cocer lentamente a intensidade media. Engadir a pera e tapar. Deixar cocer lentamente entre 15 e 20 minutos.
  4. Mesturar o mascarpone coa crema fresca. Cando as peras estean brandas, retiralas da pota. Poñer sobre cada un dos anacos unha cullerada da mestura de mascarpone e crema fresca, unha boa cullerada do almibre da cocción e unhas pingas de mel. Botar por riba anaquiños de pistacho. Servir as rodas de pera quentes.

Nota: Se te queres dar un capricho para almorzar, garda as peras que sobren nun recipiente na neveira toda a noite. Dá boa conta delas pola mañá acompañadas de iogur e granola.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.