Saltar

Unha parede para gardalo todo: almacenaxe nunha cociña aberta

Para esta familia de afeccionados aos xogos de mesa, ter suficiente almacenaxe no seu loft foi o maior crebacabezas que tiveron que resolver. Aproveitando cada centímetro de espazo vertical, crearon varias solucións de almacenaxe nas que a cociña aberta e a parede de almacenaxe teñen moito protagonismo.

Un apartamento aberto cunha mesa de ás abatibles KALLHÄLL con almacenaxe e unha cociña METOD branca con armarios do chan ao teito.
Un apartamento aberto cunha mesa de ás abatibles KALLHÄLL con almacenaxe e unha cociña METOD branca con armarios do chan ao teito.

Ao alcance da man

O día a día pode ser frenético, polo que é imprescindible atopar pequenas formas de facer que as cosas funcionen sen problemas. Gardar algo nutritivo para o día que está por diante podería ser o antídoto para evitar a présa a primeira hora.

Velaquí todos os produtos de pícnic e para levar
Velaquí todos os produtos de pícnic e para levar

Almacenaxe cun acceso rápido e sinxelo

Non paran quietos nin un momento, polo que o máis importante é poder acceder ás cousas que precisan, cando as precisan. Unha parede de almacenaxe do chan ao teito é unha gran solución para acadar un espazo ordenado para todos os seus equipos e ingredientes secos.

Velaquí todas as cociñas METOD
Unha escaleira BEKVÄM negra con 3 chanzos nun chan de madeira.
Trapos, unha morea de cuncos e unha cafeteira nun módulo de almacenaxe aberto VADHOLMA en freixo tinguido/marrón nunha cociña branca.
Unha escaleira BEKVÄM negra pregada con 3 chanzos pegada a unha parede á beira dun carriño NISSAFORS negro con potas, tixolas e cuncos.
Un organizador de caixóns perforado UPPDATERA en antracita dentro dun caixón aberto onde se gardan pratos e cuncos.
Unha cociña METOD aberta en branco cun mesado SÄLJAN laminado/con efecto de pedra beixe e un forno de aire forzado MATTRADITION branco.
Velaquí todas as cociñas METOD

Preparar as comidas con antelación

Para unha familia de catro persoas para as que a comida é o seu combustible, tela xa preparada é vital. Se miras dentro da súa neveira atoparás xantares, batidos e bocadillos sinxelos e saudables que levar á súa próxima excursión ao aire libre.

Velaquí todos os recipientes de alimentos
Andeis dentro dunha neveira aberta, con conservas embotelladas, ensalada en friameiras cadradas IKEA 365+ de 750 ml e verduras frescas.
Velaquí todos os recipientes de alimentos

Optimizar cada centímetro

Xusto ao lado da cociña hai unha zona integrada para o almorzo, con andeis enriba para que a vaixela e os cubertos estean ao alcance da man, e armarios na parte superior para gardar as cousas que precisan con menos frecuencia.

Velaquí todas as solucións de almacenaxe de parede para cociñas
Catro cadeiras ao redor dunha mesa de ás abatibles KALLHÄLL con almacenaxe preparada para o almorzo, con vaixela nos andeis de arriba.
Un prato cun almorzo, un vaso con zume e alguén botando café nunha cunca FÄRGKLAR verde mate sobre un mantel individual IHÅLLIG de xunco mariño.
Velaquí todas as solucións de almacenaxe de parede para cociñas

Estragar? Diso nada.

Malia que a comida non é a súa prioridade principal, non lles gusta estragala nin esquecerse dela. Abre a porta dalgún armario e atoparás unha despensa pouco profunda na que se pode ver e usar todo o que hai. Deste xeito, nunca se mercan ingredientes por partida dobre de maneira innecesaria.

Velaquí todos os utensilios de cociña e a louza
Un prato marrón sobre unha superficie cunha caixa de café/té BLOMNING negra, un tarro de vidro de té matcha e un batedor de matcha.
Andeis brancos pouco profundos con vaixela, entre a que se inclúe unha morea de seis cuncos FÄRGKLAR verde mate.
Velaquí todos os utensilios de cociña e a louza
Unha mesa de ás abatibles KALLHÄLL con almacenaxe en branco/gris claro pegada a unha parede á beira dunha cadeira ODGER en antracita.

Non se precisan paredes

Un apartamento aberto pode ser o fogar ideal para unha familia. Segundo Annette Ydholm, deseñadora de interiores, o importante son as zonas multifuncionais, a almacenaxe intelixente e a obtención dunha privacidade moi necesaria.

Deseñar un estudio para unha familia

Unha mesa para todo

Pese a que hai moitos aspectos da súa cociña que lles encantan, todos están de acordo en que a mesa de ás abatibles acapara o protagonismo: é ideal para todo, para almorzar ou como lugar de traballo adicional, e ofrece almacenaxe para dúas cadeiras pregables, espazo para organizar os cables e petos de almacenaxe nos laterais onde caben dispositivos de todos os tamaños.

Velaquí todas as mesas extensibles
Unha cadeira ODGER en antracita e unha cadeira LISABO de freixo nunha mesa de ás abatibles KALLHÄLL con almacenaxe montada a xeito de espazo de traballo cun portátil.
Almacenaxe baixo a mesa de ás abatibles KALLHÄLL en gris claro/branco, cun xornal e un móbil.
Velaquí todas as mesas extensibles
Unha persoa colocando unha cadeira pregada debaixo dunha mesa de ás abatibles KALLHÄLL en branco/gris claro con almacenaxe pegada a unha parede.
Se vives nun espazo pequeno, tenta atopar produtos con máis dunha función, que sexan doados de gardar ou, se pode ser, as dúas cousas!

Annette YdholmDeseñadora de interiores