Unha infancia salvaxe: un cuarto compartido inspirado na natureza
Dámosche a benvida a un mundo onde mandan os nenos e onde crecer xuntos é a maior das aventuras. Elementos sutís da natureza esparéxense por este adorable espazo, levando a emoción do aire libre aos momentos de xogo e de sono. Os mobles duradeiros, como as camas extensibles e os armarios axustables, estarán con eles durante moitos anos cheos de diversión.



- Páxina de información do produto
Para que se sintan seguros e se acurrunchen
Os pais poden durmir tranquilos sabendo que toda a roupa de cama infantil de IKEA está libre de substancias tóxicas, ftalatos e produtos químicos, e que está feita de materiais suaves e transpirables, como o algodón ou mesturas de algodón e viscosa.