Saltar

Reutiliza, repara, recicla, reinventa: vivir dun xeito máis sostible con IKEA

En IKEA, estamos a percorrer un emocionante camiño para ser unha empresa circular antes de 2030 facendo que vivir dunha maneira saudable e máis sostible sexa economicamente máis doado en todo o mundo. Estamos a reinventar a forma en que facemos as cousas, dende como e onde obtemos os materiais ata como se deseñan, transportan, venden e reciclan (se for o caso) os nosos produtos. Como todo o que paga a pena, é un proceso cheo de novos retos e aventuras, mais estamos comprometidos a crear unha vida mellor para as persoas e o planeta.

Plantas agrupadas en testos SESAMFRÖN e un soporte para testos CHILISTRÅN enriba de estantes HYLLIS a carón dunha parede branca de ladrillos.
Plantas agrupadas en testos SESAMFRÖN e un soporte para testos CHILISTRÅN enriba de estantes HYLLIS a carón dunha parede branca de ladrillos.

Empecemos polo comezo

Converterse nunha empresa circular comeza na propia fase de desenvolvemento do produto. Cada un dos produtos debe deseñarse para seren reutilizables, reacondicionables, fabricables de novo e, no seu caso, reciclables. Por agora, avaliamos a idoneidade de máis de 9500 produtos para a circularidade, o que nos dá unha visión máis clara de en que lugar se encontran as nosas capacidades actuais. O seguinte paso é someter todos os nosos produtos ao mesmo proceso.

Cómoda de caixóns NIKKEBY vermella cun corazón da mesma cor bordado e un cesto para roupa sucia SLIBB rosa enriba.
Unha muller senta nunha cama BLÅKULLEN azul medio. Detrás dun divisor de espazos, composto por unha chea de plantas e unha cortina, hai un home sentado.
Alfombra TÅNUM multicolor lixeiramente engurrada colocada sobre un chan de baldosas grises.

Os retallos de hoxe convértense nas alfombras de mañá

A alfombra TÅNUM está feita á man con retallos da produción téxtil de algodón de IKEA, que do contrario se desbotarían. Ademais de dar un novo uso aos restos, isto implica que non haxa dúas alfombras iguais!

Escollas máis sostibles cun orzamento reducido

Ningunha visita a IKEA sería completa sen pasar pola sección de artigos de segunda man e produtos que xa non se fabrican. Aquí atoparás produtos devoltos, mostras de chans, últimas unidades e artigos descatalogados, todo a un prezo inferior ao orixinal. Estamos comprometidos a darlle aos artigos que fabricamos unha vida o máis duradeira e útil posible, e esta é unha das formas de conseguilo.

Vive dun xeito máis sostible cun orzamento reducido
Unha muller e mais un home levantan unha estrutura de cama azul e móvena por un recibidor.
Vive dun xeito máis sostible cun orzamento reducido
Unha muller e un home botando unha ollada a unha exposición de produtos embalados nunha tenda.

Consello profesional: escolle produtos usados sempre que poidas

Nunca esquezas que os mobles máis sostibles son os que xa están fabricados, polo que mercar artigos devoltos ou xa utilizados non só é máis económico, senón que tamén é máis respectuoso co planeta!

Recompra: para un futuro mellor

En 2020, vendéronse 30,5 millóns de produtos da sección de artigos de segunda man e produtos que xa non se fabrican. O seguinte paso? Facilita aos clientes de IKEA que nos revendan os seus produtos usados en bo estado. Polo de agora, xa puxemos en marcha o programa de recompra en varios mercados de IKEA.

Recompra e revenda
Un comedor en tons brancos con dúas mesas MELLTORP brancas, lámpadas de teito MELODI brancas e cadeiras LEIFARNE de diferentes cores.
Recompra e revenda
Interior dunha tenda cunha muller sentada enriba dunha mesa e un home de pé ao seu carón.

Un novo fogar para os teus mobles antigos

Precisas unha mesa de comedor máis grande? Revender a túa mesa vella a IKEA permitirá darlle unha segunda vida, así como un diñeiro extra para aproveitar na seguinte compra.

Tres brindes pola durabilidade!

Unha forma fundamental de garantir a durabilidade dos nosos produtos é deseñando pezas que se poidan reparar, mellorar e adaptar ás distintas etapas da vida dunha persoa. Dá igual se é mobiliario modular que se pode ampliar, fundas de sofá que se poden retirar por completo ou pezas estandarizadas que facilitan a reparación e substitución: sempre estamos a dar con novas maneiras de dar aos produtos unha vida máis longa (e útil).

A carón dunha parede en branco e azul chea de artigos artísticos, hai un sofá de dúas prazas KLIPPAN con lunares en vermello e branco, así como unha mesa auxiliar BURVIK.
Unha cociña con armarios ENHET, unha mesa MELLTORP branca, cadeiras LEIFARNE de distintas cores e un carriño NISSAFORS branco.

Crea o teu propio estilo coa serie ENHET

Non só poderás engadir unidades segundo as precises, senón que a serie de baño ENHET tamén se desmonta con facilidade, o que axiliza enormemente unha mudanza a aquel sitio onde a vida te leve.

Cuarto de baño de azulexos vermellos e brancos cunha gran combinación ENHET de armarios abertos cheos de accesorios moi ben organizados.
Patio decorado con plantas, unha cadeira de brazos SKARPÖ, un tallo infantil UTTER e unha cadea de luces LED UTSUND negra.

Por que non lle das unha nova vida á túa bolsa da compra?

De bolsa da compra a cesto para roupa sucia ou testo improvisado. Parece que non hai cousa que se lle resista á modesta bolsa FRAKTA!