Nunca está parado: mobiliario modular para conseguir unha sala de estar flexible
Tras a noite chega o día; tras o traballo, o lecer; a xente vén e vai. A vida está en constante cambio, así que por que non debería acontecer o mesmo coa sala de estar? Deixa que a acolledora zona común dunha familia grande che mostre como conseguilo con mobles flexibles que se adapten perfectamente a distintas actividades. Acompañado de plantas e dos obxectos persoais, é difícil crer que este espazo inspirador se lograse cun orzamento tan axustado!



- Páxina de información do produto
Manter o traballo fóra da vista e da cabeza non custa nadiña!
Combina nesta parede varios elementos que agochen con habilidade os documentos por menos do que agardarías: tres unidades de caixóns HELMER, tres andeis LACK e unha lámpada de traballo LED NÄVLINGE por menos de xxx €.