Neste luminoso cuarto familiar hai diversión para todos
Nin sequera unha previsión de mal tempo pode acabar coa diversión e a creatividade cun cuarto familiar como este. Destacan cousas como o sofá grande e cómodo no centro (con fundas extraíbles), a almacenaxe accesible para toda a familia e os recunchos para crear e xogar.



- Páxina de información do produto
Almacenaxe axeitada para unha familia
Xoguetes, xogos, libros… e moitas cousas máis. Cando a diversión chega ao seu fin (normalmente porque hai que marchar para a cama), nestes armarios con portas de vidro fixados ás paredes pódese gardar todo até a seguinte vez.