Saltar

Imos crear: usa vexetais para tinguir as cortinas e pintar os mobles de madeira

Teñen moitas vitaminas e outras cousas boas, mais quen ía adiviñar as posibilidades creativas dos vexetais? Dende tinguir con repolo até estampar con patacas doces, goza destes dous proxectos de fin de semana nos que se usan produtos frescos.

Cesto para a coada TORKIS azul con téxtiles de cores no interior e pendurados nun colgadoiro MULIG que hai ao lado.
Cesto para a coada TORKIS azul con téxtiles de cores no interior e pendurados nun colgadoiro MULIG que hai ao lado.

Cortinas tinguidas con repolo

O mundo natural ofrece toda unha gama de pigmentos vexetais: perfectos para engadir cor e personalidade a un xogo de cortinas totalmente brancas. Esta tinguidura púrpura totalmente natural creouse fervendo col lombarda con algunhas culleradas de sal nunha pota de auga durante aproximadamente unha hora. Experimenta libremente con outros froitos ou vexetais de cores, incluso con cousas como té e cúrcuma. Cando acabes, apaga o lume, escoa o líquido e volve deixar a tea na pota para que arrefríe.

Culler redonda de faia RÖRT ao lado dunha col lombarda cortada e un cunco de vidro con sal sobre un xornal aberto.

Preparación da cor

O tecido que vaias tinguir ten que estar lavado e aínda húmido. Entón poderás mergullalo na tinguidura caseira suxeitándoo pola parte de arriba e manténdoo á mesma altura para crear unha liña recta. Canto máis tempo mergulles o tecido, máis intensa será a cor.

Velaquí todas as potas
Anaco de tecido HANNALILL branco mergullándose nunha pota IKEA 365+ colocada nunha placa de indución portátil TILLREDA en branco.
Anaco de tecido lila HANNALILL mergullado nunha pota IKEA 365+ colocada nunha placa de indución portátil TILLREDA en branco.
Velaquí todas as potas

Diferentes técnicas para probar

Unha liña clara de branco a púrpura é doada de conseguir e é rechamante, mais tamén podes darlle unha cor máis suave e gradual. Para logralo, terás que mergullar o tecido por etapas: comeza cuns poucos centímetros pola parte de abaixo e, pouco a pouco, vai engadindo máis tecido para crear a transición de escuro a claro.

Tecido branco SILVERLÖNN mergullado nun líquido escuro que hai dentro dunha pota IKEA 365+ nunha placa de indución portátil TILLREDA en branco.

Enxuga, colga, seca… e repite!

En canto consigas o estilo que queres, só tes que metelo na lavadora (non con outras prendas, claro) e colgalo para que seque. Mira que cor! E pensar que fuches ti quen o fixo todo só usando cousas que tes na neveira e pouco máis! Entón, que máis vas tinguir?

Velaquí todos os colgadoiros e guías
Cuarto co chan de madeira e cortinas tinguidas DYTÅG penduradas dun colgadoiro para a roupa MULIG, cun cesto para a coada TORKIS ao lado.
Velaquí todos os colgadoiros e guías

Que che gustaría tinguir?

Os téxtiles naturais, como os de liño ou algodón 100% máis sostible, son os máis axeitados para tinguir con cores vexetais. Como principiante, o mellor é que o tecido sexa o máis branco posible para evitar que outras cores afecten ao resultado.

Velaquí todas as cortinas
Velaquí todas as cortinas

Pintar mobles de madeira con patacas

Algo xenial da madeira sen tratar e que é fermosa incluso así, e seguirá séndoo durante anos. Aínda mellor: tamén e un lenzo en branco ideal para pintar e tinguir se queres que os teus mobles teñan un estilo máis persoal. Un exemplo? Este banquiño, transformado en algo realmente especial coa axuda dunha simple pataca.

Patacas cortadas e coitelo para pelar VARDAGEN gris escuro enriba dunha táboa de cortar ARTISTISK de carballo, ao lado dun pano de cociña RINNIG.

Inspiración en proceso

Caixas, armarios e incluso estruturas de cama son só algúns dos produtos que podes atopar fabricados en madeira sen tratar e de orixe responsable. Elixe o teu lenzo e deixa fluír a creatividade!

Cores sólidas, raias… ou formas?

Podes pintar este banco dunha cor totalmente nova ou crear un padrón xeométrico de teu, como estes triángulos. Para comezar, colle unha pataca e córtaa á metade cun coitelo antes de tallar a forma que queres (mellor que se encargue un adulto). Consello profesional: usa un modelo de papel ou un cortapastas como guía para conseguir unha contorna que sexa o máis perfecta posible.

Sesión en curso na que se usa unha pataca doce tallada para facer padróns xeométricos sobre un banco de piñeiro PERJOHAN con almacenaxe.

Estampa o que che dite o corazón

Aplica unha capa uniforme de pintura no selo de pataca e déixate levar! Lembra que non ten que quedar perfecto: un padrón lixeiramente imperfecto fai que as pezas teñan aínda máis encanto.

Téxtiles singulares asomando pola parte de arriba dunha caixa de piñeiro KNAGGLIG que está decorada cun padrón estampado con pataca.
Banco de piñeiro PERJOHAN con almacenaxe; a parte de arriba está decorada cun padrón estampado con pataca en branco e negro.