Saltar

De portas a dentro: ideas de almacenaxe para o fogar nun apartamento sofisticado

Abofé que a persoa que vive nesta casa non é minimalista, aínda que o seu apartamento ultraorganizado podería convencerte do contrario. Todo consiste en usar unha serie de unidades de almacenaxe pechada por toda a vivenda para manter todo, excepto os produtos máis básicos e as cousas bonitas, fóra da vista.

Armario BESTÅ marrón escuro apoiado nunha parede de estopa, unha lámpada de mesa BLEKKLINT e un marco SYMFONISK con altofalante wifi.
Armario BESTÅ marrón escuro apoiado nunha parede de estopa, unha lámpada de mesa BLEKKLINT e un marco SYMFONISK con altofalante wifi.

Un recibidor con armario

O espazo de almacenaxe dispoñible no dormitorio é limitado, polo que o recibidor pode ser unha boa axuda. Hai unha colección selecta de sombreiros á vista, mais non se ven as chaquetas, as bufandas e outras prendas fóra de tempada, que se gardan no armario que hai debaixo. As elegantes caixas de almacenaxe, de diferentes formas e tamaños, mantéñeno todo ben gardado e á man para cando vaia máis frío.

Velaquí a serie GALANT
Un armario GALANT negro cunha porta corrediza aberta. Na parte de arriba hai dous sombreiros en soportes, entre un lámpada e un floreiro con canaveiras.
Armario GALANT negro cunha porta corrediza aberta e tres estantes nos que hai caixas de almacenaxe con tapas, caixas redondas e cestos.
Velaquí a serie GALANT

Un espazo de traballo na casa que podes ocultar

O tamaño amplo deste armario tamén proporciona moito espazo para outras cousas. Tras as portas, no extremo oposto, hai documentos, material de oficina e ata unha impresora, todo organizado con axuda de revisteiros, caixas e moito máis. Só hai que pechar as portas para activar o modo "fóra da oficina".

Velaquí os organizadores de papeis e outros materiais
Armario GALANT negro cunha porta corrediza aberta que mostra tres estantes nos que hai ficheiros, caixas de almacenaxe, unha bolsa e unha bandexa.
Velaquí os organizadores de papeis e outros materiais

Elegancia funcional

O escenario principal desta sala de estar é o moble de TV de parede, que chama a atención polas súas liñas limpas e as portas de chapa de madeira. Mais que non te engane: é un moble que fai moitas cousas. Bota unha ollada dentro para ver a impresionante cantidade de espazo de almacenaxe que fornece, sen que ningún cargador ou cable cambie o estilo do cuarto.

Velaquí o sistema de almacenaxe BESTÅ
Armario BESTÅ marrón escuro nun cuarto marrón cunha lámpada de mesa BLEKKLINT e un marco SYMFONISK con altofalante wifi.
Dous andeis negros; no de abaixo, hai caixas de almacenaxe en gris escuro e discos; diante, no chan, hai unha bandexa RAGGISAR.
Velaquí o sistema de almacenaxe BESTÅ

Por unha almacenaxe que aforre espazo

No lado oposto do cuarto, volven aparecer as mesmas portas de chapa de madeira, esta vez nun armario flotante con moi pouco fondo para gardar cristalaría. Engade unha almacenaxe prezada á zona de comedor e non ocupes espazo no chan. As portas pechadas teñen outra función: manter as túas copas de champaña favoritas sen po.

Armario de parede BESTÅ con portas HEDEVIKEN cun moucho e botellas na parte de arriba, encima dunha mesa de comedor na que hai botellas e copas.
Armario de parede BESTÅ con portas HEDEVIKEN. Hai dúas portas abertas que deixan ver copas, pousavasos e accesorios para preparar cócteles.

Un moble á medida

Aquí tes un armario tan ben deseñado e organizado como o que contén, con portas que iluminan o cuarto cun estilo tranquilo e elegante. Os organizadores de interior serven para gardar a colección de camisas, cintos e anteollos e a iluminación integrada permite ver ben cada cousa.

Velaquí todas as portas corredizas PAX
Dous paneis SVARTISDAL para portas corredizas cun acabado branco con efecto papel nun armario PAX que está ao lado dunha parede verde clara.
Velaquí todas as portas corredizas PAX

Organiza o teu estilo

O mellor dos armarios PAX é que podes configurar o interior case como queiras. Por exemplo, neste armario individual só hai que colgar algunhas camisas, polo que os caixóns, os estantes e as bandexas son ideais para os artigos máis abundantes.

Velaquí todos os organizadores para interiores PAX
Armario aberto con estantes a un lado nos que hai varios artigos, unha barra de colgar no outro lado e bandexas extraíbles debaixo.
Caixón aberto que deixa ver unha bandexa KOMPLEMENT gris con diferentes tipos de anteollos en un reloxo nos compartimentos.
Velaquí todos os organizadores para interiores PAX

Unha almacenaxe para o baño doada de organizar

As cremas, colonias, xampús, escumas e cepillos están gardados nun elegante armario de parede que queda xenial co espello que ten preto. Produtos accesibles cando os precises e ocultos cando non.

Armario GODMORGON con acabado de madeira na parede dun baño ao lado dun espello STOCKHOLM. Debaixo hai un lavabo e un toalleiro.
Armario GODMORGON marrón na parede dun baño cunha porta aberta que deixa ver estantes con artigos de baño e accesorios de afeitado.