Saltar

Pregunta a un deseñador: vivir de xeito máis sostible a un prezo económico

"Quero amoblar o meu fogar dun xeito sostible, mais non teño moito diñeiro. Como podo conseguilo?" Existe a idea de que vivir de forma máis sostible é caro, mais non ten porque ser así. Podes amoblar o teu fogar para que sexa un lugar precioso, cálido e colorido dun xeito que sexa beneficioso tanto para o planeta como para o teu peto. Falamos coa deseñadora de interiores Chiara Effroi Lutteri para preguntarlle como creou un fogar que é precisamente iso: colorido, práctico e cunha chea de escollas de baixo impacto. Todo cun orzamento limitado.

Un espazo de traballo cunha mesa LAGKAPTEN/TILLSLAG en branco, cadeira de oficina LÅNGFJÄLL marrón claro-rosa, taboleiros perforados brancos e lámpada de teito.
Un espazo de traballo cunha mesa LAGKAPTEN/TILLSLAG en branco, cadeira de oficina LÅNGFJÄLL marrón claro-rosa, taboleiros perforados brancos e lámpada de teito.

Hej, Chiara! Podes falarnos un pouco sobre a visión que tiñas para este fogar?

Chiara: Faltaría máis! Deseñei este fogar para dous irmáns adultos. Orixinalmente, o apartamento era da irmá, e máis tarde mudouse con ela o irmán. Posto que só ten un dormitorio, tivemos que recorrer a solucións creativas para que o espazo fose habitable, e fixémolo todo cun orzamento limitado. Non só iso: tamén queriamos deixar á vista que as escollas que facemos no fogar poden reducir o noso impacto sobre o planeta. Así é que este fogar, malia ter a limitación dun orzamento reducido, se amoblou tendo en mente opcións máis sostibles.

Unha muller senta diante dunha mesa LAGKAPTEN/TILLSLAG branca cun foco con pinza NÄVLINGE branco e un estante ENHET en cor antracita.
Un recibidor colorido con prendas penduradas de barras para roupa MULIG brancas na parede sobre unha cómoda de caixóns NIKKEBY vermella.

Como fuches quen de facer todo isto nun mesmo fogar?

Chiara: Para este fogar pensamos na funcionalidade e nos mobles dunha maneira diferente, a fin de dar con formas sinxelas coas que retocar un pouco o que xa había no canto de cambiar todo por cousas novas. Deste xeito, por exemplo, en lugar de mercar unha cama nova, atoparon outra cama tapizada BLÅKULLEN na sección de artigos de segunda man e produtos que xa non se fabrican de IKEA, que tamén se podía usar á maneira de sofá se o irmán deixa o apartamento. No canto de mercar unha mesa de comedor máis grande, combinaron as súas dúas mesas para facer unha mesa máis grande, ademais de axustable. Tamén fixemos un divisor de espazos con algodón 100 % sostible, que se pode abrir e pechar en función das necesidades.

Velaquí podes ver a sala de estar completa
Unha muller pecha dúas cortinas de algodón brancas montadas no teito que serven de divisor de estancias. Nun recuncho hai unha planta grande.
Cama BLÅKULLEN azul con varios coxíns e mantas coloridos, mesa auxiliar TINGBY gris, plantas e cortinas brancas.
Velaquí podes ver a sala de estar completa

Mencionaches a sección de artigos de segunda man e produtos que xa non se fabrican. Que máis nos podes dicir sobre ela?

Chiara: Os mobles máis sostibles que podes mercar son os que xa están fabricados, polo que mercar artigos de segunda man é un bo xeito de empezar a facer escollas máis sostibles. Tal e como o vexo, todas as viaxes a IKEA deberían incluír unha parada nesta sección. Encontrarás moitos produtos (últimas unidades, produtos devoltos e mostras de chan) por un prezo inferior ao orixinal.

Coñece as iniciativas de circularidade de IKEA
Un home e mais unha muller moven unha mesa MELLTORP branca. Detrás, hai dúas caixas KNAGGLIG de piñeiro e enriba hai unha lámpada de teito MELODI branca.
Un comedor en tons brancos con dúas mesas MELLTORP brancas, lámpadas de teito MELODI brancas e cadeiras LEIFARNE de diferentes cores.
Coñece as iniciativas de circularidade de IKEA

Que consello darías ás persoas que amoblan o seu fogar por primeira vez?

Chiara: Diríalles que escollan mobles que se poidan adaptar aos cambios das diferentes etapas da súa vida. A miúdo a xente fala de "investir nos produtos", o que trae á mente imaxes de produtos caros. Na miña opinión, faise un grande investimento se o produto dura moitos anos, mesmo por un prezo baixo. A serie modular ENHET é xusto iso. Se precisas máis andeis na cociña, por exemplo, poderás atoparlles o sitio decontado. Ademais, a desmontaxe é doada se a vida che leva por un novo camiño. Empregamos a serie de cociñas e baños ENHET e colocamos unha estrutura aberta alta ENHET con andeis no espazo de traballo por esa mesma razón.

Velaquí a cociña ENHET
Unha muller monta un caixón de cociña ENHET en branco/efecto carballo sobre unha alfombra de tecido plano empregando un xogo de ferramentas FIXA.
Unha cociña de tons claros con armarios ENHET, unha mesa MELLTORP branca, cadeiras LEIFARNE de distintas cores e un carriño NISSAFORS branco.
Velaquí a cociña ENHET

Non puidemos evitar ver os bordados dos mobles. Como xurdiu a idea?

Chiara: Creo que todo moble merece unha segunda oportunidade. Podes doar as pezas antigas, ou vendelas en liña ou mediante o programa de recompra de IKEA, mais tamén podes personalizalas ti mesma para darlles un toque novidoso e vibrante. A cor desempeña unha función vital neste fogar, así que lle din un toque alegre a estas pezas apagadas, como os armarios IVAR e BAGGEBO, empregando bordados xeométricos. Tamén podes pintar os mobles de madeira sen tratar dunha cor diferente. Sinceramente, hai diversas maneiras de devolver os obxectos antigos á vida.

Cómoda de caixóns NIKKEBY vermella cun corazón da mesma cor bordado e un bolso de cremalleira enriba.
Unha muller pendura pendentes coloridos na reixa dun armario BAGGEBO branco con porta de vidro.
Armario con portas de vidro BAGGEBO en branco con artigos expostos; ao seu carón hai unha cama NESTTUN branca con roupa de cama TRÄDKRASSULA branca/azul.
Dúas mans suxeitan bobinas de fío de cores e nobelos de la.
Recuncho dunha estancia con tres armarios altos IVAR en gris con portas de reixa cheos de roupa. Enriba hai varias caixas.