Saltar

Todo o que precisas cun orzamento reducido: un fogar con tres xeracións para amantes da comida

Que fai dunha casa un fogar? Pregunta a calquera das tres xeracións que conviven aquí e todos concordarán en que é o lugar no que se reúne a familia, a boa comida e os grandes momentos. Encontrarás unha chea destes tres elementos no seu inspirador apartamento, decorado con mobiliario básico simple mais funcional a un prezo asombrosamente baixo.

Familia feliz sentada en cadeiras STEFAN en negro-marrón arredor de dúas mesas MELLTORP brancas nun comedor branco e negro.
Familia feliz sentada en cadeiras STEFAN en negro-marrón arredor de dúas mesas MELLTORP brancas nun comedor branco e negro.

As mans celebran a comida caseira

Cear de restaurante ou pedir comida para levar é caro de máis para unha familia de cinco membros, mais isto non preocupa a estes comechóns acérrimos. O seu lugar favorito da cidade é a súa cociña, onde sempre teñen á man os ingredientes e utensilios precisos para un bo festín. O menú de hoxe? A famosa boloñesa do avó!

Velaquí a cociña e o comedor completos
Cociña en branco e negro con armarios METOD brancos cos interiores MAXIMERA, unha campá extractora negra e chan de madeira escura.
Unha botella de aceite de colza SMAKRIK nun mesado iluminado polo sol e cheo de comida cociñada, parte dela gardada en porcións dentro de recipientes IKEA 365+.
Velaquí a cociña e o comedor completos

Receita do día: un fogar cálido e acolledor habitado por varias xeracións e feito realidade por menos do que pensas. Quen ten fame?

Comedor en branco e negro, dúas mesas MELLTORP brancas, cadeiras STEFAN negro-marrón, azulexos brancos e chan de madeira escura.

Grandes reunións con poucos gastos

Este comedor ofrece sitio para toda a familia. Por outra banda, xunta dúas mesas MELLTORP, engade oito cadeiras STEFAN e remata con dúas lámpadas de teito SKURUP. Todo por menos de xxx €.

Velaquí tes máis xeitos de pasalo ben por menos diñeiro

Xuntos e mais en soidade

Comer todos xuntos é obrigatorio, mais o tempo entre o almorzo e a cea transcorre mentres cada un bule a facer as súas cousas. Á fin e ao cabo, deixar espazo e tempo a cada un é o segredo dunha convivencia harmoniosa. Unha boa parte do tempo, por fin! Unha sala de estar versátil como a súa tamén axuda, xa que ten unha estrutura que permite realizar diferentes actividades a un tempo. Papá fedella por aquí, a avoa anda ás súas cousas por acó. Todo o mundo está contento.

Velaquí toda a sala de estar
Estancia iluminada polo sol nun esquema de cores branco e negro con mesas niño LACK en branco e negro e sofá SÖDERHAMN gris escuro.
Parte dunha estancia con papel pintado, chan en madeira escura e guitarra apoiada nunha cadeira negra.
Velaquí toda a sala de estar
Atópalle un estilo económico a este fogar

Branco e negro, e... de todo menos aburrido

Un fogar cunha personalidade e unha flexibilidade sen igual non ten por que deixar a ninguén sen branca. A deseñadora de interiores Mia Gustafsson mostra como podes coller unhas marabillosas creacións en branco e negro e intercalalas cunha chea de calidez e personalidade.

Atópalle un estilo económico a este fogar

En parte recibidor, en parte armario, mais en parte tamén pista de hockey!

Nunha casa con tanto barullo en calquera momento, ter espazo abondo para gardar obxectos de tres xeracións pode ser todo un reto. Este longo recibidor pode con todo o barullo grazas á almacenaxe dispoñible en todas as formas e tamaños para dar acollida a zapatos, abrigos, produtos de limpeza e artigos de deporte.

Velaquí todos os zapateiros
Un rapaz e un home maior xogan cuns paus e unha pelota nun recibidor longo e mais estreito cheo de unidades de almacenaxe, como os bancos PINNIG negros.
Varios obxectos de exterior suxeitos en pomos ENERYDA negros nun colgadoiro LURT tinguido de branco montado nunha parede de raias brancas e negras.
Nunha parede de raias brancas e negras anchas hai varios elementos pendurados, algúns deles dos pomos ENERYDA negros dun colgadoiro LURT tinguido de branco.
Plano dun recibidor a raias brancas e negras con zapateiros BISSA brancos e un armario RAKKESTAD negro-marrón.
Plano dunha parede ampla a raias brancas e negras cunha frauta apoiada en tres ganchos FJANTIG negros con forma de cadeira en miniatura.
Velaquí todos os zapateiros

Aproveita cada céntimo e metro cúbico

Ao non ter moito espazo que aforrar, este dormitorio debe contar con solucións intelixentes en todos os recantos. Aquí encontrarás unha cama que tamén é unha cómoda de caixóns, unha unidade de almacenaxe alta con cortinas no canto de portas e un toucador compacto creado cun andel de parede, co espazo xusto debaixo para gardar un tallo.

Velaquí todas as camas con almacenaxe
Dormitorio cunha cama BRIMNES branca con almacenaxe e con roupa de cama VITKLÖVER de cadros en branco e negro.
Teas SOFIA separadas de raias anchas en branco e negro penduradas á maneira de cortinas diante dunha combinación BOAXEL branca montada na parede.
Velaquí todas as camas con almacenaxe

Zona a carón dunha cama cun andel LACK negro marrón a xeito de mesa de noite, tallo alto DALFRED negro e armario con espello ENHET.
Armario con portas de vidro SYVDE branco cheo de almacenaxe e adornos preto dunha cama con roupa de cama VITKLÖVER.

Paixón polo fútbol

Mesmo cando non está fóra no campo, a paixón deste cativo polo xogo queda máis que patente. Por sorte, o fútbol chega á casa co estilo branco e negro do apartamento. O seu escritorio e a almacenaxe para os seus xoguetes escolléronse pensando no futuro, cun deseño fácil de axustar que se estende conforme medra.

Cuarto en branco e negro onde un raparigo se apoia na cama inferior dunha liteira MYDAL, rodeado de varios xoguetes.
Unha unidade TROFAST con caixas de almacenaxe laranxas fai contraste coa decoración dun cuarto cun esquema de cores branco e negro.

Neno sentado nunha cadeira de escritorio para nenos VALFRED-SIBBEN diante dun escritorio PÅHL branco cunha lámpadas de traballo KRUX branca enriba.
Cuarto no que un neno está apoiado á saída dunha tenda infantil HÖVLIG, cos cóbados descansando nunha alfombra HEMMAHOS gris.

Unha historia de dúas vidas plenas

O cuarto da avoa e do avó demostra o íntimo que pode ser un espazo pequeno cos libros, roupa e lembranzas de décadas integrados nun mobiliario sinxelo. E, malia estaren encantados con ter toda a familia baixo o mesmo teito, ter un curruncho de seu para descansar e relaxarse non ten prezo.

Un rapaz proba un sombreiro mentres xoga nun cuarto decorado cun armario RAKKESTAD negro-marrón e unha cadeira sinxela LINNEBÄCK gris claro.
Plano de parede con colares, pulseiras e outros elementos decorativos pendurados cunha barra de tres ganchos PINNIG negra.
Recuncho dun cuarto cun espello NISSEDAL negro e unha lámpada SKURUP negra montada na parede no medio de varios elementos decorativos.
Unha lámpada espida pendurada baña coa súa luz unha cama e unha mesa de noite KNARREVIK negra enriba da cal hai unha morea de libros.
Dúas cómodas de cinco caixóns KULLEN coa parte superior ateigada de obxectos decorativos. Enriba hai uns andeis escuros montados na parede.
Cama tapizada SLATTUM gris claro con roupa de cama SPIKVALLMO iluminada con dous focos HEKTAR en gris escuro.

Máis durmir e menos gastar

Non, non estás nun soño! Crear este acolledor niño composto por unha estrutura de cama tapizada SLATTUM, unha funda de edredón SPIKVALLMO e un xogo de almofadas, ademais de dous focos HEKTAR de parede/con pinza custou menos de xxx €.

Velaquí todas as camas tapizadas