6 ideas para a zona de grellada na terraza ou xardín
Se hai algo que vai da man do bo tempo (e que nos encanta) son as grelladas. Quer fagas a nosa grellada nunha terraza, quer nun xardín e mesmo nun balcón ou espazo máis pequeno, o sabor da túa comida será igual de bo independentemente de onde comas.
Antes de poñerte a facer unha grellada na túa terraza ou xardín terás de asegurarte que a túa Comunidade Autónoma o permite. Se no houber ningunha norma que o prohiba, prepara a estancia ou espazo para gozar! Imos ver estas 6 ideas para a zona de grellada que esperamos que che inspiren e sirvan de axuda para estes meses de calor que temos por diante.
Que aproveite!
1. Grellas para balcón ou espazos pequenos: como usalas
Comecemos polas grelladas que preparamos en espazos máis reducidos, como pequenas terrazas urbanas ou, se nos apuras, nun balcón. Este que ves na imaxe é o noso modelo KORPÖN que podes levar dun lado a outro da terraza e despois gardalo. É pregable e ocupa moi pouco espazo!
Nós recomendámoscho para alimentos porosos ou pequenos como peixe ou verduras laminadas, xa que a forma da grella evita que caian ao lume. Iso si, aínda que a vexas pequerrechiña, sempre é para usar en exterior, nunca dentro da casa.
Preparar a zona para unha minigrella non pode ser máis sinxelo: consigue unhas cantas espetadas de madeira para preparar as túas verduras e outros alimentos, algo de beber, pon uns cómodos coxíns nas cadeiras ou no chan estilo “pícnic de balcón”, uns pratos… E xa está!
2. Pensaches nunha grella portátil para levala dun lado a outro?
A mellor idea para a zona de grellada é que a propia grella xa teña espazo para todo integrado. E que poidas levala dun lado a outro. E capacidade de almacenaxe!
Se couber na túa terraza ou xardín, optar por unha grella con almacenaxe en andeis e armario, ademais de cun enorme mesado e rodas, é probablemente a mellor decisión que podes tomar.
Non hai nada máis importante para a zona de grellada que manter todos os utensilios e o carbón no seu sitio, organizados e ordenados. Con estes modelos é sinxelísimo!
3. Todo preparado, á man, e listo para comer!
E ao igual que ter o carbón e demais utensilios preto é fundamental, tamén o é ter unha superficie ou “mesa de traballo” para que preparar a grellada sexa o máis sinxelo posible.
Por iso, se a túa grella non ten un pequeno mesado integrado como viamos anteriormente, non dubides en colocar preto unha mesa ou soporte no que ter preparados todos os alimentos antes de cociñalos. Así, poderás cortalos, aderezalos ou engadirlle sal e pementa antes de comezar a cociñalos sen ter que ir dun lado a outro.
4. Fundamental: unha mesa á sombra
E para degustar a comida tan rica que seguro preparaches, é fundamental colocar unha mesiña á sombra na que comela tranquilamente. Non tes sitio para unha mesa na terraza? Pois unha vez preparada a comida fóra, pasa dentro a comer! O que é fundamental é non comer ao sol, e se che dá algunha raiola baixo o parasol, usa protección solar e ponte un sombreiro.
5. Iluminación por se a cousa se alonga
A iluminación de exterior é imprescindible para a nosa zona de grellada, non cres? Seguro que máis dun día alongouse a comida e acabou por ser unha cea, ou a cea rematou ás tantas da madrugada. Ilumina a túa zona de grellada cunha luz acolledora, como esta grilanda de luces solares ou ben con luz directa.
6. E cando remates… Protéxea!
Por último, cando acabe a tempada de grelladas, vaias de vacacións ou, simplemente, faga mal tempo: protexe a túa grella! Protexer a grella cunha funda impermeable é unha forma sinxela e eficaz de conservala durante moito tempo nas mellores condicións. Iso si, asegúrate de que está completamente fría antes de tapala.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.