Saltar

Pisos pequenos: zonas multifuncionais en espazos reducidos

Hoxe en día facemos infinidade de cousas no fogar e, a miúdo, fáltannos estancias para poder facelo todo. Por iso, encántannos os espazos multifuncionais, que se poden usar para distintos fins comodamente, aínda que o piso sexa pequeno. Dámosche algúns consellos e trucos para diferentes estancias da casa que che poden resultar moi útiles. Nós aplicámolos todos nunha mesma estancia, que pode ser un cuarto de convidados, unha oficina ou mesmo unha sala de estar pequena (entre outras cousas).

Non perdas todos os detalles e trasládaos directamente ao teu fogar!

Transformar un segundo ou terceiro dormitorio nun espazo multiusos pode ser máis fácil do que imaxinabas. Porén, se non che fai falta unha oficina, nin un cuarto de convidados, nin unha sala de descanso propiamente ditos (como neste exemplo que che mostramos no plano), o mellor é creares un espazo que poidas adaptar doadamente á actividade que quixeres realizar en cada momento, segundo as túas necesidades.

Neste caso, no noso espazo sácase moito partido ao teito inclinado, mais podes empregar os nosos consellos en calquera outro tipo de estancia.

Mobles multifuncionais para cuartos de convidados

Se che apetece crear un espazo versátil como este que ademais sirva como cuarto de convidados, acondiciona a estancia para recibir visitas garantindo que gocen da comodidade e privacidade que necesitan.

 

  • Cambia o sofá habitual por un sofá cama; sacaraslle moito máis partido!
  • Utiliza a mesa auxiliar como mesa de noite. No caso do noso modelo KVISTBRO, tamén podes usalo para gardar cousas dentro.
  • Aproveita os teitos inclinados fixando unha barra minimalista cunhas tiras de pel para pendurar pezas de roupa.
  • Se, ademais, engades uns ganchos, poderás gardar máis cousas.

Hai armarios e aparadores que nos axudan de moitas maneiras, como este que che amosamos. Colocámolo no espazo multiusos para gardar todo tipo de cousas no noso piso pequeno.

Gardamos nel dende arquivadores con todo tipo de revistas e documentos ata roupa de cama. Ao pechar as portas, non se verá nada do que hai dentro! É ideal para achegar espazo de almacenaxe adicional en calquera sitio, xa que ten moitísima capacidade.

Outro xeito de sacar partido a un espazo pequeno, sexa cal for, é engadir ganchos á parede. Pódennos servir para varios fins, como pendurar a roupa dos convidados (ou a nosa) directamente neles ou en perchas.

Nós, ademais, engadimos a nosa prezada cesta FLÅDIS, que é a aliada perfecta dos pisos pequenos e multifuncionais.

Está tecida á man e pódese usar para gardar mantas, coxíns, roupa ou complementos de calquera tipo segundo a estancia na que se poña.

Se tiveres teitos inclinados, unha idea formidable para sacar o máximo partido a algúns recunchos difíciles é pendurar unha barra (neste caso fixouse con tiras de pel, como che contabamos antes). Elixe o material que máis che guste para fixar a barra ao teito: pel, corda, tea, cadeas de plástico ou metal...

Esta barra pode servirche para crear o teu propio colgadoiro para roupa, aproveitando un espazo que, doutro xeito, sería completamente inútil.

Escritorios pequenos para espazos multifuncionais

Cando non poidas ter unha oficina nunha estancia independente, seguro que che irá ben ter unha zona para traballar dende a casa, xestionar proxectos puntuais ou simplemente organizar as facturas e ese tipo de cousas.

Aforra espazo poñendo un escritorio pequeno xusto detrás do sofá; poderás complementalo cun armario con portas como o que vimos anteriormente para telo todo recollido.

Cando non utilices o escritorio e queiras descansar no sofá, xira a lámpada de lectura para poder dispoñer dunha iluminación axeitada para ler.

Non perdas este "vídeo nun chiscar de ollos" sobre como organizar un espazo para traballar na casa.

Recunchos para o ocio en pisos pequenos

Vivir nun piso pequeno non implica ter que renunciar a un espazo no que realizar actividades creativas ou dedicarnos aos nosos hobbies. De feito, reservar no fogar un espazo para as actividades creativas resulta moi motivador e inspirador.

Se o teu é pintar, como neste exemplo que che amosamos (ten en conta que todo o tempo estamos no mesmo cuarto!), isto é o que che recomendamos:

  • Colle cun cabalete que poidas colgar na parede cando non o vaias utilizar, con calquera gancho que soporte o seu peso. Así non ocupará espazo no chan. Este mesmo truquiño serve para outros materiais e complementos, sexa cal for a túa actividade.
  • Un carriño para o material axudarache a telo todo organizado; ademais, poderás levalo dun lado para outro sen dificultade. Pono onde queiras e como queiras.
  • Cunha barra e uns ganchiños poderás colgar as túas obras para secalas e non terás que as deixar no chan nin en ningún outro sitio onde acaben entorpecendo o paso.

Un recuncho de lectura e desconexión

 

Se queres crear un recuncho no que descansar que non ocupe demasiado espazo, pero satisfaga todas as túas necesidades, péchate no que a partir de agora chamaremos "a túa sala de descanso".

Para tomar un café comodamente, consigue cun sofá mol que non sexa demasiado grande (si, efectivamente, o que vimos anteriormente que se convertía en cama), unhas almofadas e algunhas colchas. Non esquezas poñer tamén unha librería para gozar da lectura e elementos decorativos e música que che axuden a relaxarte.

Despois de ver tantas ideas sobre creatividade, lectura e benestar no fogar, non podes perder este vídeo no que Fernando Botella, coach e experto en creatividade, nos explica unhas técnicas moi sinxelas e eficaces para fomentar a creatividade dos nenos na casa a través do noso programa Formando Fogar.

Esperamos que gozaras con este artigo e os vídeos que che propuxemos, e, sobre todo, que comprenderas que o feito de vivir nun fogar pequeno non ten por que limitarnos á hora de sacarlle partido se botamos man de diferentes tipos de solucións multifuncionais.

Recomendámosche consultares estes artigos antes de marchar:


Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.