8 produtos para gardar cousas na casa por menos de 10 €
Queres que a túa casa estea máis ordenada, a poder ser, durante máis tempo? Ímosche presentar algúns dos mellores produtos para ordenar a casa nun chiscar de ollos. E todos por menos de 10 €.
1. Para ordenar os documentos e as cartas
A primeira das nosas propostas baséase na reinterpretación dun obxecto tan sinxelo como un escorredoiro. Porque, aínda que o seu hábitat natural sexa a cociña, a carón do vertedoiro, ten unha estrutura perfecta para gardar ou soster outras cousas, como, por exemplo, documentos, cartas ou cadernos. Non che dá a sensación de que agora é un obxecto completamente diferente? Ademais, podes asegurar cunhas pinzas cada grupo de papeis que gardes, para evitar que esvaren se os moves de sitio. Que che parece?
2. Para gardar material de oficina ou escolar
Este é o complemento ideal cando non tes un sitio fixo para traballar na casa, senón que debes que ir movendo as túas cousas dun lugar para outro. Por exemplo, se teletraballas e tes que montar unha oficina improvisada na sala, podes transportar nesta cesta todo o necesario dunha única volta. Tamén resulta moi útil para gardar o material para debuxar e pintar dos peques. Podes meter dentro uns portalapis ou caixiñas para crear diferentes seccións e telo todo aínda máis ordenado. Isto vén xenial aos nenos para interiorizar pequenos trucos de orde, de modo que lles resulte máis fácil facer caso aos papis e garden as cousas no seu sitio sen apenas esforzo.
3. Para gardar obxectos moi pequenos
Por moito que pretendamos evitar acumular obxectos innecesarios e, para iso, intentemos aplicar técnicas como as de Marie Kondo, sempre se nos pode escapar algo, como, por exemplo, os típicos miniobxectos que non sabemos moi ben nin como nin onde gardar, pero dos non queremos (ou non podemos) prescindir.
Entón, cal é a mellor solución para gardar as cousas pequenas? Nós recomendámosche algo sinxelo, pero moi efectivo. Esta caixa con compartimentos, por exemplo, está especialmente pensada para que poidas gardalas todas nun mesmo espazo, de xeito que non te arrisques a perder nada. Xuntas, pero non revoltas; iso si.
Se tes nenos pequenos na casa, estas caixas serán as túas grandes aliadas para gardar os xoguetes pequenos ou de varias pezas, como crebacabezas, trens de xoguete con raís e mesmo pinturas ou pezas para facer pulseiras ou colares; practicamente calquera cousa que se che ocorra. Estas caixas, aínda que aparezan catalogadas como "cestas infantís", son perfectamente aplicables ao mundo dos adultos. Podes utilizalas para os complementos das ferramentas (como parafusos, ganchos…), ou material de oficina…; o que necesites!
4. Para ter o xoieiro sempre ordenado
"Onde está ese anel que me regalou miña tía? Os pendentes quedaron na mesa de noite?" Se estas son preguntas que adoitas facerte e non podes perder tempo buscando xoias, este produto vaiche encantar.
As xoias ou os pequenos complementos son outras desas cousas que nunca conseguimos gardar de xeito práctico e eficaz. E, aínda que para este suposto tamén pode valer unha caixa con compartimentos como a que vimos antes, imos darche outra opción cun pouco máis de estilo. Esta bandexa de cortiza ten o tamaño perfecto para gardares aneis, colares, pulseiras, etc. sempre á vista, de xeito que non os perdas nunca. Ao ter seccións, podes organizar as túas cousas sen perigo de enredárense e acaben mesturándose. É tan bonita que podes deixala encima do toucador, aínda que tamén serve para gardar nun caixón (incluso nun estreito).
5. Consigue máis espazo no armario
E se che dicimos que onde cabe un, caben dezaseis? Si, o que les. Entre as nosas solucións para organizar armarios, hai unha percha que é sinxelamente marabillosa. Quen ten de especial unha percha? Pois esta percha en concreto é múltiple, o que significa que, ocupando o mesmo espazo que cunha percha convencional, podes gardar moito máis, neste caso, dezaseis cousas. Que che parece? Por iso encántanos recomendala como solución para gardar a nosa colección de bufandas, panos, garabatas ou cintos dentro do propio armario.
6. Colgadoiros para aforrar espazo
Xa que estamos a falar de solucións para colgar cousas, pasamos ao sexto dos nosos produtos estrela para gardalo e organizalo todo por pouco diñeiro. Os colgadoiros de parede son unha opción perfecta para aproveitar o espazo que ofrecen as paredes da casa. Son moi frecuentes tanto en baños como en dormitorios. Pero vale sempre o mesmo modelo? É mellor algún en concreto? Presentámosche, en tan só un momento, os tres deseños máis populares e prácticos.
Colgadoiros ocasionais
Non queremos que esta solución para ordenar a casa acabe sendo un estorbo no día a día; por iso, nada mellor que uns colgadoiros despregables que só acciones cando os vaias usar. Acabas de chegar á casa ou queres preparar a roupa de mañá? Desprega o colgadoiro. Xa non hai nada para suxeitar? Pois péchao e evitar enganchar nel. Así de sinxelo. .
7. Deseña o teu propio taboleiro para gardar cousas
Un taboleiro perforado pode ser a solución perfecta para gardar as túas cousas de xeito organizado dunha vez por todas. Tan só terás que elixir a combinación de complementos que se adapten mellor ao que queiras almacenar (caixiñas, cordóns elásticos para documentos, ganchos para colgar cousas…).
A idea dun taboleiro resulta axeitada para practicamente calquera estancia da casa. Podes utilizalo para colocar as ferramentas e as brochas de pintura, como almacenaxe extra na zona de traballo, como alternativa á mesa de noite, se non tes espazo para un moble, e incluso no baño.
8. Como gardar os zapatos
Grazas a esta solución, acabouse o eterno dilema de como gardar todos os zapatos. Cun estante zapateiro despregable podes almacenar unha gran cantidade de calzado sen necesidade de desbotar nin de meter en caixas (e acabar esquecendo) ningún par.
Con este complemento podes dispoñer non dunha nin de dúas, senón de tres alturas para gardar os zapatos. Arriba podes colocar os que sexan algo máis altos, como os botíns ou as botas, e xusto debaixo os tenis. No primeiro piso, abaixo de todo, podes reservar un oco para unha caixa na que gardes, por exemplo, diferentes cordóns para combinar cos tenis, un cepillo para limpar os zapatos antes de gardalos ou calquera outro utensilio que che guste ter á man para coidar o calzado.
Estas son só algunhas das moitas ideas e solucións que che ofrecemos para organizar a casa e gardalo todo sen apenas esforzo e sen gastar demasiado. Descubre para calquera destes artigos máis consellos e opcións low cost cos que poñer a punto a túa casa. Non os perdas!
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.