Saltar

Goza da luz outonal

Queres que entre luz natural sen que te vexan os veciños? Á nosa decoradora Jenny ocorréuselle unha idea fantástica; trátase dunha solución moi práctica que permite a entrada de luz e dá privacidade a un espazo sen ter que poñer cortinas. Para facela, tomas as medidas necesarias e fai un marco de madeira que se adapte á metade inferior da fiestra; despois consigue un anaco de tecido translúcido e grámpao ao marco. Finalmente, coloca o marco no seu sitio e listo! Goza do outono!

Se queres que entre luz na casa sen que te vexan os veciños, confecciona un sinxelo marco translúcido.
Se queres que entre luz na casa sen que te vexan os veciños, confecciona un sinxelo marco translúcido.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.