Saltar

Descubre unha morea de agasallos para amantes das plantas

Leva a primavera á próxima inauguración dun novo fogar, ou sorprende nunha festa de aniversario ou reunión familiar. Achega un sopro de aire fresco ao seu día a día con estas ideas de agasallo para os teus amigos amantes das plantas.

Varios soportes para plantas SATSUMAS en bambú e branco nun cuarto luminoso con moitas plantas verdes.

Aleda a vida no fogar regalando plantas para todas as persoas

Leva un anaquiño de natureza a calquera fogar con testos, soportes para testo para plantas de exterior e accesorios de xardinaxe. Descubre moitas ideas de agasallo para amantes das plantas. Darlle un toque de verdor ao fogar sempre é boa idea.

Descubrir testos e soportes para testos
Un testo colgante BOTANISK feito á man, pendurado diante dunha fiestra.
Un pulverizador para plantas VATTENKRASSE de cores marfil e dourada colocado sobre un andel branco ao lado dunha regadeira VATTENKRASSE.
Un enreixado ASKHOLMEN tinguido de marrón claro no exterior, detrás dun banco SJÄLLAND con catro soportes para testos BOYSENBÄR enriba.
Un invernadoiro ÅKERBÄR branco, para interior e exterior, nun balcón de parede con moitas plantas arredor.
Un grupo de soportes para testos KLYNNON de bambú feitos á man xunto a unha parede branca.
Descubrir testos e soportes para testos

A vida cotiá ofrece grandes escusas para as celebracións. Atopar o agasallo correcto supón unha ledicia aínda maior. Por que non regalar a amizades ou familiares algo decorativo que poidan engadir ao seu espazo? Iso é exactamente o que podes facer con estas ideas de plantas para calquera ocasión e fogar. Tanto se vas a unha festa de inauguración dun novo fogar como a un aniversario, ou para darlle a benvida a algunha persoa nova na túa vida, as plantas e as flores nun pasan de moda. Só tes que lembrarlles aos teus seres queridos que as reguen de cando en vez.

Podes levar un testo de interior que decore por si mesmo ou podes combinalo cunha planta para completar o conxunto. Como sempre, todo depende de ti. A nosa selección de plantas, flores e accesorios está dispoñible en todas as cores do arco da vella e agarda por ti nos nosos estantes para que a leves á túa próxima festa.

A variedade IKEA sempre ten algo para todos os gustos e moito onde escoller. Por iso, tanto se mercas algo a esa persoa que necesita animarse ou a un familiar que está a celebrar unha ocasión especial, atoparás un agasallo axeitado.

Deixa que te axudemos a sementar a semente dun futuro máis verde para alguén especial na túa vida. Dende plantas de xardín ata flores artificiais: coa natureza sempre acertarás. E se as combinas con elegantes testos e soportes para testo, achegarás cor e textura ao teu agasallo.