Saltar

Agasallos para atopar momentos de benestar

Hai momentos no día a día que merecen moito a pena. Anaquiños entre tanto estrés nos que parar, contar ata dez e recrearse. Regala relax e paz aos teus familiares e amigos con elementos decorativos e prácticos para descansar e poñer a mente en branco. Candeas para crear ambientes, accesorios de baño, almofadas e mantiñas para que vexan a súa película ou serie favoritas. Obsequiar con este tipo de artigos é un acerto asegurado.

Farol candea ENRUM 22 cm

Á luz das candeas

As candeas transmiten paz e tranquilidade, e axudan a crear ambientes tenues, románticos e, nalgúns casos, mesmo idílicos. Regalar candeas é un xeito diferente de levar relax e luz á vida dos teus amigos e seres queridos. En IKEA podes atopar diferentes modelos, de distintas cores e tamaños, ademais de faroliños, candeeiros e candeas LED.

Candeas e accesorios
Candea grosa GODAFTON LED int/ext, a pilas/natural 14 cm
Candeas e accesorios

Tranquilidade no fogar

Valorar a tranquilidade e o tempo libre é un dos factores que nos fan gozar dos pequenos detalles. Estar na casa coa familia, tomar un té, escoitar a túa música preferida ou simplemente acurruncharse no sofá cunha manta e un coxín nos días de chuvia. Pasar tempo de calidade no fogar é cada vez máis difícil, pero todo isto fai que sexa máis sinxelo para a persoa que recibe este tipo de agasallos.

Un baño relaxante

O momento do baño é un dos máis relaxantes do día: tempo para ti, para coidarte e desconectar. Regalar accesorios de baño é unha boa opción para quen ama esta estancia e dedica tempo a coidarse. En IKEA, atoparás accesorios de baño de todo tipo, que fan a vida máis fácil.

Accesorios de baño
SAXBORGA Caixa + tapa espello, 24x17 cm
TVÅLSJÖN Xogo para baño 3 pezas
TRÄTTEN Toalla para o cabelo
EKOLN Dosificador de xabón, gris escuro
HIMLEÅN Toalla de baño
Accesorios de baño

Descubre máis ideas para regalar