3 formas de levar o xantar para que se manteña fresco
Tes plans fóra da casa e vas levar a comida? Dende aquí propoñémosche varios xeitos prácticos de transportala sen que perda nin un chisco de frescura e sabor. Vaias onde fores, non deixes de gozar do xantar como mereces!
A comida entra polos ollos, iso é así. Por moito que o sabor sexa boísimo, se o prato ten mal aspecto, non parece acabado de facer, hai moitas posibilidades de que non gocemos tanto ao comelo. Procurar que isto non pase na casa é sinxelo, pero cando se trata de levar a comida para tomala noutro sitio, manter a súa frescura e bo aspecto pode converterse en todo un reto. Máis aínda se é verán, cando as altas temperaturas o complican máis.
Pero non te preocupes, hai opcións para logralo. Toma nota destas formas de levar o xantar para que se manteña fresco.
1. Crea compartimentos dentro da friameira
Un dos grandes erros á hora de preparar a friameira é non contar co factor do movemento e as súas consecuencias ata o momento de tomar a comida. Seguro que máis dunha vez atopaches todos os alimentos revoltos e sen orde ao abrila.
E pode que a ti non che importe moito, pero cos nenos é outra historia. Como sabes, os peques da casa son bastante melindrosos á hora de comer e o feito de que uns alimentos se mesturen con outros pode xerar máis dun conflito.
A solución? Crear compartimentos con moldes de madalena de silicona para que todo fique separado e organizado. Esta idea é especialmente útil para os alimentos frescos, como froitas e verduras, xa peladas, así non haberá transferencia de sabores entre uns e outros.
Grazas ao seu material, son moi fáciles de limpar, así que usalos non che suporá un esforzo adicional despois de comer. Se ademais os escolles en cores rechamantes, o xantar parecerache aínda máis apetecible ao quitarlle a tapa. Non sobrará nada!
Se vas a un lugar no que non poidas refrixerar ou quentar a comida, como a praia ou o campo, a mellor solución pode ser levala nun recipiente isotérmico. O seu material está deseñado para manter estable a temperatura do alimento, tanto se é unha receita fría como quente. Deste xeito, cando chegues ao teu destino, terás a sensación de que o prato está acabado de facer. Aínda que este tipo de recipientes adoitan utilizarse para líquidos, son aptos para todo tipo de alimentos: ensaladas, sándwichs, wraps, pasta, froitas… Só tes que comprobar que o tamaño sexa axeitado para o que queres levar e feito! EFTERFRÅGAD, pola súa forma, é ideal para levar na mochila ou no bolso dun sitio a outro, xa que non ocupa moito espazo. Ademais, como ten a boca larga, poderás comer directamente del sen problema cunha culler ou un garfo.
3. Aposta polos recipientes de vidro
O material do recipiente que elixas para gardar a comida inflúe moito na conservación desta. De todos os que hai, o vidro é a mellor opción porque non absorbe os olores nin se tingue coas salsas, polo que mantén todo o sabor da comida. Ademais, é apto para o forno e, como é transparente, permite ver facilmente o que hai no interior do recipiente sen necesidade de abrilo. Non hai que esquecer, tampouco, que é un material moi fácil de limpar.
O noso consello? Combina varias friameiras de pequeno tamaño para levar unha comida completa con primeiro prato, segundo prato e sobremesa sen que os alimentos se mesturen nin perdan calidade. Deste xeito, gozarás dunha deliciosa comida e esquecerás a máquina de sándwichs e a insulsa ensalada do supermercado.
Se non tes moito tempo, non te compliques, prepara un xantar sinxelo con alimentos que che gusten, gárdao en recipientes de vidro e envolve estes cun bonito pano de cociña como este, que tamén che servirá de mantel. Que aproveite!
Cal destes xeitos de levar a comida che parece máis útil? Sexa cal for, aquí che deixamos un par de artigos que poden axudarche se buscas novas receitas fresquiñas para o verán ou tes pensado ir á praia. Non os perdas!
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.